BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
REUNIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN
O vindeiro xoves 20 de xuño ás 18:00 horas, realizaremos unha reunión de pais/nais do novo alumnado para o curso 2013-14.
Nesta primeira reunión proporcionaremos información xeral do centro, presentaremos o equipo docente, trataremos algúns aspectos a ter en conta no verán e falaremos do período de adaptación do mes de setembro. Finalmente realizaremos unha visita guiada polo centro e aclararemos posibles dúbidas.
Por tratarse dunha nova etapa que comezamos xuntos, é importante ter esta primeira toma de contacto entre adultos para coñecernos mellor, polo que rogamos que acudades a reunión sen nenos/as. GRAZAS.
- blogue de profe1
- APIs de Blogue