BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

Adxuntase listado de libros de texto para o vindeiro curso.

Podedes acceder premendo no ARQUIVO ADXUNTO

ANPA. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Adxuntamos tamén a proposta de actividades extraescolares para o vindeiro curso.       

Todas as actividades dependen de que se chegue a un mínimo de nenos/as para poder facelas.

Tedes ata o 21 de xuño para cubrir os cuestionarios, premendo AQUÍ para acceder. 

ANPA. AULA MADRUGA E COMEDOR ESCOLAR

Coa idea de que a ANPA poda comezar a organizar os servizos de conciliación de cara ao curso que ven, facilitamos o enlace do formulario para cumplimentar por aquelas familias que precisen Comedor e/ou Aula madruga para o curso 24/25.

Deberá cubrirse un por por neno/a que vaia empregar os servizos, tamén no caso que comencen irmáns en 4º de infantil.

 PREME AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO.

PROCESO DE MATRÍCULA 2024/2025

As familias do alumnado admitido no centro para o vindeiro curso 2024/2025 deberá formalizar a matricula na Secretaría do centro entregando a seguinte documentación. O prazo abranguerá do 20 ao 30 de xuño.

  • IMPRESO DE MATRÍCULA. Pode recollerse na secretaría do centro ou descargalo premendo AQUÍ.
  • 2 FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ ACTUAIS.
  • FOTOCOPIA DA CARTILLA DE VACINAS.
  • FOTOCOPIA DA TARXETA DA SEGURIDADE SOCIAL, por ambas caras.
  • FOTOCOPIA DO DNI DO PAI E DA NAI.
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA, ou calquera outro documento que acredite a tutela do menor. 
  • DOCUMENTACIÓN ENTREGADA NO CENTRO para asinar.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para o curso 2024/2025.

Comunicamos a apertura do prazo para o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para o curso 2024/2025.

Preme AQUÍ para acceder a Orde que recolle toda a información.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024. 

PARTICIPANTES: 

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: Alumnado que pasa a cursar 3º e 4º de Educación primaria. O alumnado que pase a cursar E-DIXGAL (5º e 6º de Educación primaria) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
  • AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO: As axudas para adquirir libros e material están destinadas ao alumnado que o vindeiro curso estará en 1º e 2º de Educación primaria.
  • AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinadas a todo o alumando de Educación Primaria.

 

MODALIDADE DE PRESENTACIÓN: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou de xeito presencial no centro.

   

CONVOCATORIA BECAS NEAE - CURSO 2024/2025

Dende o 30 de abril pódense solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o vindeiro curso 2024/2025. Toda a información sobre a convocatoria atópase no seguinte enlace.

O prazo remata o 13 de setembro.

BECAS NEAE. INSTRUCCIONES PARA LA GESTIÓN DE LOS REINTEGROS | CEIP Emeterio  Gutiérrez Albelo

PROCESO DE ADMISIÓN. RESOLUCIÓN PROVISIONAL

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA

OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA

INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

SOLICITUDES DE ADMISIÓN. Prazo do 1 ao 20 de marzo

 
Presentación de solicitudes de xeito TELEMÁTICO mediante a aplicación admisionalumnado.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado 

 Presentación de solicitudes na secretaría do centro mediante o formulario ED550B.

DESCARGA DO FORMULARIO

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ed550b-g.pdf

VACANTES PARA O CURSO 2024/2025

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo