Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025

Ábrese o prazo de solicitude das axudas do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o próximo curso 2024/25.

As familias poderán presentar a documentación entre o 21 de maio e o 21 de xuño 

FORMAS DE PRESENTACIÓN:

1. Electrónica dende a aplicación informática Fondo libros 

2. Presencial con asistencia da aplicación: cubrir os datos na aplicación Fondo libros, imprimir os Anexos I e II e presentalos no centro educativo. 

2. Presencial manual cubra os Anexos I e II e presénteos na secretaría do centro.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Solicitude (Poden descargar os anexos I e II)
  • Copia do libro de familia.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

CALENDARIO

O calendario para o fondo de libros e axudas de libros de texto e material escolar será o seguinte:  

3 de xullo

Listaxe provisional de beneficiarios

4 e 5 de xullo

Prazo de reclamación

8 de xullo

Listaxe definitiva de beneficiarios

Do 8 ao 17 de xullo

Recollida de vales

 

 As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

 

NORMATIVA

ANEXO I e ANEXO II.

 



blog | by Dr. Radut