Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Actividades

24 OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

   Con motivo do 24 de Outubro, DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, o equipo da biblioteca organizou unha series de actividades para conmemorar dito día coa participación de todos os nenos e nenas.

   Ahí as tedes, botádelles unha ollada!

 

  -Mural representativo coa temática da Biblioteca

  -Exposición libros antigos na Biblioteca

  -"Contos en Movemento" (4º, 5º e 6º Primaria)

Aquí vos deixamos o acceso directo o enlace coas fotos da actividade!

E tamén o enlace coas fotos da actividade Contos en Movemento!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un libro unha viaxe

    Dende a biblioteca acabamos de comezar unha viaxe fantástica a través dos libros.

    Gracias a esta actividade, poderemos viaxar por tres paises imaxinarios:Naturilandia, Cuentilandia e Fantasilandia.

    Boa viaxe a todos.

 

O outono nos libros

    O outono chegou ao noso cole e para celebralo fixemos unha nova actividade dende a biblioteca.

    Hai que buscar nos libros da biblioteca calquera referencia que se faga ao outono; esas frases cópianse nuns folios de cores e decóranse. Con todas as frases sobre o outono fixemos un mural que decorou durante un tempo as nosas paredes.

   Por participar cada neno recibiu un marca páxinas en forma de folla de outono.

 

 

     

Samaín

     O 30 de outubro, celebramos o Samaín.

    Dende a biblioteca organizamos unhas sesións de contos de medo, nas que os rapaces máis grandes contaban historias terroríficas para todos.

    O mestre de música, colleu a súa guitarra, e deleitounos cunhas cancións sobre pantasmas, cemiterios, ......  Que medo pasamos!!!!!!

 

Follas para a nosa árbore

     Durante todo o curso, na biblioteca temos unha árbore feita con papel contínuo, que tamén vai pasando polas diferentes estacións. Cando comezamos o curs, non tiña ningunha folla; pero pouco a pouco van crecendo follas de cores na nosa árbore. 

     Todos os rapaces do cole, despois de ler un libro, collen unha folla na que indican o título do libro e comentan si o libro foi do seu agrado ou non; dependendo de si lle gusta ou non o libro, a folla cambia de cor. Si o libro lle gustou a folla é de cor verde; si non lle gustou sería laranxa e se os deixou indiferentes amarela.

     Mirade o aspecto que ten xa a nosa árbore. No CEIP Monte Baliño os nosos nenos son uns grandes lectores.

 

 

Día da Biblioteca

     O 25 de outubro conmemórase o día da biblioteca. Para celebralo, os alumnos de 5º e 6º de primaria, representaron, na nosa biblioteca, unha adaptación da novela de Lewis Carroll, Alicia no país das Maravillas. (fotos).

 

     

Distribuir contido


by Dr. Radut