Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo) ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal Telf.:982828216/15
OBRADOIRO PERSPECTIVA DA CAPACIDADE
Hoxe, a rapazada de 1º e 2º, participou nun "OBRADOIRO SOBRE PERSPECTIVA DA CAPACIDADE" a cargo de Nuria de COGAMI (Confederación Galega de persoas con Discapacidade) entidade sen ánimo de lucro. Os nenos e nenas observaron e vivenciaron diferentes formas de relacionarnos co medio a través de certos apoios.
Dividiuse o grupo en 4 subgrupos pequenos e realizouse unha gymcana con 4 probas ( circuito en cadeira de rodas, pintar coa cabeza empregando un licornio, escribir en braille, ler en linguaxe de signos e camiñar con ollo tapados e guiados por un bastón). Ao finalizar cada proba conseguimos a peza dun puzzle que montamos ao rematar todos xunt@s.
Ese puzzle dicía o seguinte:
As túas CAPACIDADES
sempre serán
máis GRANDES
que calquera Discapacidade.
Foi unha actividade do máis enriquecedora e cun forte caracter concienzador e sensibilizador.