Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo) ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal Telf.:982828216/15
AMIGO INVISIBLE
Amig@ invisible! No noso cole aproveitamos todos os días para agasallarnos con moitos xestos que non son materiais, a diario rodeámonos de amizade, de apertas, de axuda mútua, respecto, alegría e aprendizaxes.
|
Aínda así, durante estas datas, como xa é un clásico, aproveitamos para regalarnos algún detalle material, pero sempre con un fin principal, centrándoo na elaboración propia, no material de refugallo e no esforzo e cariño que cada quen lle pon ao seu agasallo invisible!
Este ano volvemos a propoñer a mesma actividade pero con un pequeno matiz:
- Cada alumno e alumna elaborará un pequeno detalle, utilizando material de refugallo, que posteriormente colocaremos na nosa árbore no cole.
- Os agasallos este ano non van dirixidos a ninguén en concreto, senon que cada quen, no seu turno, collerá un, ao azar.
- Tendo en conta que non sabemos a quen lle tocará, haberá que poñer en xogo a imaxinación e a creatividade que tedes!
- Os detalliños haberá que traelos antes do día 21 ao cole, e se pode ser envoltos.
Moitísimas grazas como sempre pola vosa colaboración!