Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo) ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal Telf.:982828216/15
ANIMACIÓN A LECTURA...
Esta semana, dende a BIBLIO e dentro do proxecto de ANIMACIÓN A LECTURA, visitounos a actriz e pedagoga SABELA GAGO.
Con ela puidemos voar a un mundo cheo de sorpresas a través dos CONTOS, e pasámolo súper xenia!
Ao finalizar a experiencia, os nenos e nenas de 5º e 6º tiveron a oportunidade de entrevistala e coñecer algo máis da súa traxectoria tanto persoal coma profesional.
Queredes coñecer un pouquiño máis de Sabela? Pois só tedes que escoitar atentamente...