Blog 4º B
IV CERTAME DE DEBUXO FEIRA DO VIÑO DE SOBER
Alejandro Pérez López- 4º B
1º Premio IV Certame de debuxo Feira do Viño de Sober
FUTURO CON TROITAS
FUTURO CON TROITAS
O pasado día 22 de marzo,todos os alumnos e alumnas de 4º fomos ata a Casa da Cultura para escoitar e ver a presentación que nos fixo Carlos Rodríguez. Ía sobre as troitas e se queredes ler todo o que aprendimos, clicade sobre o enlace para ler o noso resume da actividade.
Se qeredes ollar aas fotos da actividade clicade sobre o enlace.
FEIRA MEDIEVAL- 2009
Ferra Medieval- 2009
Alumnos e alumnas de 4º B traballamos moito para facer uns debuxos ben "chulos". Se queres velos e coñecer un anaco da historia de Monforte... clicade sobre o enlace.
Que é unha árbore para ti??
Que é unha árbore para ti ?
Unha árbore para min é
osíxeno para todos,
é osíxeno para ti.
Unha árbore para min é
unha cama onde durmir,
unha folla para escribir.
Para min unha árbore é
os froitos para comer,
Unha sombra para descansar.
Unha árbore para min
danos calor en inverno
pois a leña dános.
E tantas cousas nos dá unha árbore
cando a miras só tronco,raíz e follas ves
que mira ti todo o que pode facer.
Marta Rodrigo Rodríguez 4º B
Outra volta, outra volta máis.
Na clase de 4º B tamén hai unha gran poetisa. Chámase Ánxela e a súa poesía acompañou as postais que este Nadal fixemos para felicitar as festas a todos e todas os membros da comunidade educativa e a todos aqueles organismos e institucións aos que lles achegamos os nosos desexos para este 2009... que xa vai polo mes de febreiro.
OUTRA VOLTA, OUTRA VOLTA MÁIS
Outra volta, outra volta máis
e xa estamos de novo en Nadal.
Xa chegou o inverno
xa voltou o frío
externo ou interno
mais eu aínda río.
Agasallos para todos
pedimos con ilusión
pois como nenos que somos
estamos de vacacións.
Outra volta, outra volta máis
e xa imos celebrar o Nadal.
Desde que chegou novembro
as rúas ilumináronse
e nas tendas e comercios
os regalos colocáronse.
Nos colexios de Monforte
colocamos os beléns,
competimos con deporte
pois facémolos moi ben.
Outra volta, outra volta máis
e xa estamos celebrando o Nadal.
Debuxamos postais
e escribimos poesías
e con ledicia aos demais
desexámoslles bos días.
Bos días os de nadal
boas festas todos teñamos
non estaría nada mal
que a paz para sempre acadaramos.
Outra volta outra volta máis
xa pasou de novo o Nadal.
Xa chegou xaneiro
con el chegou o ano novo
e coma sempre o primeiro
é fecicitárllelo a todos.
Volta de novo a ilusión
de que os reis traian regalos
e nos nosos corazóns
eses reis sempre serán magos.
Outra volta outra voltiña máis
xa logo voltará ser Nadal.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5