22 de Abril, Día da Terra

A proclamación do 22 de abril como Día Internacional da Nai Terra supón o recoñecemento de que a Terra e os seus ecosistemas nos proporcionan a vida e o sustento ao longo da nosa existencia. Tamén supon recoñecer a responsabilidade que nos corresponde, como se recolle na Declaración de Río de 1992, de promover a armonía coa natureza e a Terra a fin de acadar un xusto equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientais das xeracións presentes e futuras.