Benvido a todo o noso alumnado!!

 

Xa empezou o cole e nós xa estamos no grupo dos maiores, menuda responsabilidade!!!

Estos días fumos aprendendo as novas normas desta etapa e coñecendo zonas do cole que non coñecíamos. Xa estamos no piso de arriba!!

Este curso seguiremos aprendendo un montón de cousas, coas nosas mestras e mestres e os nosos e as nosas compañeiros e compañeiras.

Tamén pasaremos momentos de lecer nun patio novo moito máis grande.

Comezamos o curso con moita ilusión e inauguramos o noso blog para compartir con vós tódalas nosas aventuras.

Unha aperta.