Os últimos coletazos!
Ola!
Nos últimos días temos moitísimas novidades!!
Xa temos bolboretas na clase, saíron da crisálide e comezaron a poñer os seus ovos. Quedamos abraiados!!
Seguimos traballando no proxecto de PEQUECHEF.
Como somos uns artistas decoramos unhas piñas, sandías e mazás empregando diferentes técnicas e materiais (plástico de burbullas, bastonciños, esponxas, o noso dedo,...). Fixemos unha creación ben bonita que poderedes ver mañá na casa.
Hoxe estivemos traballando con diferentes especias (pementa branca, pementón doce, canela, perexil,...) e algún atreveuse a probalas todas! Logo estivemos poñendo un pouco de cada unha delas para poder levalas para casa.
Estes días tamén tivemos tempo a dar un pequeno paseo por Monforte, e fomos pegadiños ao río observando todo o que había polo camiño. Atopamos unhas autocaravanas, gatos, patos, unha toupeira, o Castelo de San Vicente,... Gustounos moito, pero non puidemos merendar á beira do río, porque estaba o céspede todo mollado.
E hoxe tivemos unha gran sorpresa!!
Foi xenial e pasámolo en grande!!