blogue demontse
Dia da Familia
Enviado por montse o Dom, 05/16/2021 - 00:27Celebramos con moita ilusión e alegría o Día da Familia. Fixemos, con agarimo, un agasallo para levar para casa. FELICIDADES FAMILIA.
As emocións
Enviado por montse o Dom, 05/16/2021 - 00:06As emocións están presentes a diario, por esta razón parecéunos importante participar no proxecto "O reino das emocións" da Fundación Meniños. Expresándoas, explicando os motivos das nosas actitudes... E tamén a través da actividade do "Paseo da fama" expresar as nosas preferencias, o que nos gusta e compartilo cos demais.
As emocións
Enviado por montse o Ven, 05/14/2021 - 19:38Estámos participando con diferentes actividades, nun proxecto sobre as emocións da Fundación Meniños "O reino das emocións". Deixámosvos aqui fotos de algunhas das actividades
Como nos sentimos hoxe e por que?
O paseo da fama, todos somos importantes e gústanos compartir as nosas preferencias, o que nos gusta.
Sementamos e plantamos
Enviado por montse o Ven, 05/14/2021 - 19:28Hai unhas semanas sementamos pementos e flores. Esperamos a que naceran e medraran nos morteiros, e esta semana plantámolas plantas na horta coa axuda do profe Diego, foi unha experiencia moi agradable
O Camiño de Santiago
Enviado por montse o Ven, 05/14/2021 - 19:17A biblioteca do centro é un recurso moi importante para nós. Nesta ocasión participamos nunha actividade organizada dende a biblioteca. Lemos o conto "Bo camiño Valentiño" e fixemos un debuxo que formou parte da exposición de traballos de todas as aulas do colexio
Psicomotricidade
Enviado por montse o Ven, 05/14/2021 - 19:07Co bo tempo animámonos a facer as sesións de psicomotricidade no patio exterior. Estase de maravilla!!!
A primavera
Enviado por montse o Ven, 05/14/2021 - 19:01Estamos na estación do ano que mais nos gusta, a primavera. Ahora hai moitos cambios no clima, no xardín, na roupa que nos poñemos... Fixemos uns debuxos que nos quedaron moi bonitos e tamen xogamos co vocabulario, o conteo e a localizar elementos na lámina da " Mestra de infantil"
Día da muller
Enviado por montse o Mar, 03/30/2021 - 23:49O pasado 8 de Marzo no noso cole celebráronse moitas actividades. Pola nosa aula pasou a contacontos Manuela Varela, con ela pasamos un momento estupendo. Aqui van algunhas das actividades que fixemos despois de escoitar o conto