Skip to Content

ORIENTACIÓN A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO

Ante esta primeira prorroga do estado de alarma, quero poñerme a disposición de toda a comunidade educativa que puidese necesitar dos servizos de orientación do centro.

 

Ademais de todas aquelas orientacións e actividades que dende o equipo de profesorado en xeral e dende o Departamento de Orientación en particular se teñen colgado na páxina web do centro, quero poñerme a disposición de toda a comunidade educativa que puidese necesitar dos servizos de orientación do centro e moi especialmente para aquel alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

 

Xa non solo porque eticamente coido me corresponde, senón tamén porque a lexislación así o indica: Decreto 229/2011 de Atención á Diversidade no seu Capitulo VII artigo 42.4. Os centros docentes promoveran a posta en marcha .... ou das medidas que correspondan para que as nais, pais ou titores legais reciban información e asesoramento que os axuden no seu labor educativo...

 

Nesta situación totalmente nova para todos, aprenderemos moitas cousas, entre outras a traballar, e apoiarnos nesta tarefa a través da rede. Por isto vos deixo o meu correo electrónico, para que poidades contactar individualmente e con certa protección de datos: m.hernan@edu.xunta.es  Unha aperta.



blog | by Dr. Radut