Skip to Content

Blogues

PLAN DE CONVIVENCIA

 

PLAN LECTOR

Subvencións comedor escolar

Comunicase ós beneficiarios da subvención Comedor Xunta  2010/2011 – 2011/2012 que se vai proceder ó reparto das mesmas.

Para facilitar o traballo agradeceríamos nos enviedes os seguintes datos ao enderezo anpamestrevide5(a)gmail.com:

Nome do beneficiario

Nome da persoa a cal expedimos o talón ( nai/pai/titor legal)

Poderán recoller os talóns o martes 29/10/2014 na biblioteca do colexio (edificio novo) entre as 16:00 e as 17:30 horas.

A directiva da ANPA Mestre Vide

R.R.I.

Encontros co Autor: Fran Alonso

Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.

 

Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publica Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

 

Como poeta é autor dunha innovadora e interesante obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu último poemario constitúeo Balada solitaria, un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

 

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o período de vixencia das mesmas.

Está casado con Concha Costas, ex-presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística do galego

SOLICITUDE RESERVA DE PRAZA,CAMBIO DE CENTRO AO QUE SE ESTA ADSCRITO.ED550A

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2014 – 2015

(DOG Nº 53 ,15 DE MARZO DE2013)

DOCUMENTACIÓN INICIAL

 

·         SOLICITUDE: Facilitada polo Centro.

·         FOTOCOPIA COMPULSADA DO LIBRO DE FAMILIA (Folla onde está inscrito o/a neno/a).OU DO DNI DESTE, EN CASO DE TELO.

·         FOTOCOPIA DO D. N. I. dos pais.

·         CERTIFICADO DE MATRÍCULA expedido polo centro de orixe ( para alumnos xa escolarizados noutro centro)           

                                  

CALENDARIO:

Do 1 de marzo ao 20  de marzo: Presentación de solicitudes e da documentación acreditativa dos criterios de admisión

Antes do 25 de abril: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 15 de maio: Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

Durante o mes de xuño: Formalización de matrícula para os alumnos/as admitidos.

Notas:

  • As compulsas pódense facer no propio centro, previa presentación dos documentos orixinais.
  • Recórdase a obligatoriedade de presentar unha soa solicitude.

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTARÁ PARA BAREMAR

            En previsión de que o número de solicitudes no nivel en que o seu fillo/a vai ser escolarizado/a sexa superior ao de prazas dispoñibles, deberán aportar, xunto coa solicitude,  a documentación que xustifique o dereito a aplicar a correspondente puntuación para baremar.

A documentación a presentar, según o dereito que se alegue,  será a seguinte:

·         Proximidade do domicilio: ( puntuación máxima 6 puntos , área influencia:6 puntos. Limítrofes:3 puntos) . Certificado do padrón municipal. (Non é válido o volante do padrón). Debe coincidir co domicilio fiscal.

·         Proximidade do lugar de traballo: Certificado da empresa. (Ambas circunstancias son incompatibles).( 4 puntos na área de influencia , áreas limítrofes , 2 puntos)

·         Certificación de familia numerosa..(categoría especial:  3 puntos, xeral:  2 puntos)

·         Renda per cápita da unidade familiar ano 2012. (IPREM : INDICADOR PÚBLICO DE RENDA DE EFECTOS MÚLTIPLES :  6390,13 € ).

§  Igresos iguais ou inferiores a 0,5 o IPREM         3 puntos( 0 - 3195,065€)

§  Ingresos  igual ou superior a 0,5  e inferior a 0,75 o IPREM (4792.5€) : 2 puntos

§  Ingresos igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto

§  Ingresos iguais ou superiores ao IPREM: 0 puntos

En caso de alegar a circunstancia de familia monoparental hai que xustificalo documentalmente. (2 PUNTOS)

  • Discapacidade: Certificado correspondente.
  • Nota: A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten caracter voluntario, pero a non presentación implica a renuncia á correspondente puntuación..

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut