Skip to Content

 

Lingua galega

GALE E GALA VAN DE FESTA: O MAGOSTO!

Gale e Gala xunto cos seus amiguiños e amiguiñas convídannos  a desfrutar dunha festa moi especial: O MAGOSTO!

Durante a mañá realizaremos un MAGOSTO DE CONVIVENCIA: Os maiores do cole encargaranse de recoller a todos os nenos e nenas que lle toquen no seu equipo. Logo, cada equipo irá á clase correspondente a facer varias actividades cheas de creatividade.

Como vén sendo costume, haberá castañas asadas e chocolate quente grazas á colaboración da ANPA.

PREME NA IMAXE SE QUERES SABER MÁIS!

 

 

 

 
 

GALE E GALA ANUNCIAN UNHA FESTA DE MEDO: O SAMAÍN

Gale, Gala e o seu equipo; visitaron novamente as aulas para anunciar unha festa de medo: O SAMAÍN!

Levaron ás aulas varias propostas de traballo.

Premer na imaxe para ver a visita de Gale e Gala e as actividades que propuxeron.

 

 

COMEZAMOS CO PROXECTO GALEGANDO! GALA E GALE FAN A SÚA PRIMEIRA VISITA POLAS AULAS DO COLE!

Gala, Gale e parte do seu equipo fan a súa primeira visita polas aulas neste curso escolar 24/25!

 

Premer na imaxe para ver o que contaron Gale e Gala.

MULLERES CIENTÍFICAS

MULLERES CIENTÍFICAS

Durante todo o mes de marzo e para conmemorar o 8M, todas as aulas do colexio investigamos a vida de diferentes mulleres.

Ao alumnado de 5º tocounos "AS MULLERES CIENTÍFICAS".

Pasámolo moi ben traballando en equipo e aprendimos moitísimo!

 

 

 

 

RECITAL DE POESÍA 5º B!

RECITAL DE POESÍA ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO!

O alumnado de 5º B preparamos un recital con diferentes poesías desta grande escritora galega!

Logo, fomos por todas as aulas de Primaria e nos convertemos en grandes poetas e poetisas.

Tamén, elaboramos un  programa de radio. Quedounos xenial!Podédelo escoitar na páxina web do colexio.

NORABOA EQUIPO! MARABILLOSOS TRABALLO!

 

RECITAL DE POESÍA!

RECITAL ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO FEITO POLO ALUMNADO DE 5º B!

O alumnado de 5º B preparou durante o mes de marzo un recital de poesía adicado a Rosalía de Castro.

Cada grupo investigou e estudou un poema desta grande escritora.

Fomos por todas as aulas de primaria e recitamos como grandes poetas e poetisas.

Tamén, elaboramos un programa de radio. Podédelo escoitar na páxina web do colexio.

NORABOA!MARABILLOSO TRABALLO!

CLASES DE PALABRAS

5º  e 6º de Educación Primaria

BRINCALETRAS

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut