Skip to Content

 

Novas de Normalización

CERTAME RADIOFÓNICO "O VELLO DOS CONTOS"

Como xa é habitual participamos no Certame de Podcast Xosé Mosquera Pérez "O Vello dos Contos".
Un ano máis acadamos o 2º posto e para recibir o premio desprazaronse ata o Ies Rosalía de Castro de Santiago algunhas das mestras do colexio.
O podcast foi gravado no colexio co alumnado de 5º de primaria, se premedes no arquivo adxunto podedes escoitalo.
 
Parabéns a todos e a todas.  

 

 

 

" O CONTO DA CABACIÑA"

E recén chegadas temos as historias da cabaciña pequeniña que desexaba ir á festa de Samaín....

Queredes saber como remata o conto?? Pois tedes para elixir, xa que o alumnado de primaria e de 5 anos inventaron historias marabillosas que queren compartir con todos vós.

Premede na imaxe e decidide a vosa preferida.

CARTA DE BENVIDA DO EDLG

O Equipo de Dinamización Lingüística, como ben facendo dende hai xa un tempo, quere darlles a benvida a este novo curso e animar a todos e a todas a que falen en galego.

Premer na imaxe para ler a carta de benvida

                                                                         

                                                                            

 

 

 
 

XOGOS FLORAIS 2023

Os Xogos Florais deste curso tiveron como protagonistas aos animais. A modalidade foi o conto ou relato curto. Participaron todos os niveis; con contos colectivos de aula, nos niveis de 1º, 2º e 3º e con contos individuais os cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria.

O alumnado de Educación Infantil, realizou debuxos de animais cos que se confeccionou a portada e a contraportada do libro ANIMALANDIA no que se recompilaron todos os contos. Este traballo quedará na Biblioteca do centro.

Realizáronse dous programas de radio nos que se fixo un achegamento a tódolos contos escritos nas aulas.

No primeiro programa, uns representantes de Primeiro, Segundo e Terceiro leron un resumo dos seus contos de grupo.

No segundo programa, fíxose un pequeno percorrido polos contos de Cuarto, Quinto e Sexto e léronse os contos escollidos en cada aula.

Os programas están recollidos nos apartado de Programas Especias da nosa radio.

Gale e Gala fixeron entrega de contos ás aulas, como agasallo pola participación nos Xogos Florais.

CERTAME PODCAST "O VELLO DOS CONTOS"

Un ano máis o noso centro participou no Certame de Podcast Xosé Mosquera Pérez "O Vello dos Contos".
Este ano acadamos o 2º posto e para recibir o premio, o martes 6 de xuño desprazaronse ata o Ies Rosalía de Castro de Santiago algunhas das mestras do colexio.
O podcast foi gravado no colexio co alumnado de 6º de primaria, se premedes no seguinte enlace poderedes escoitalo.
 
Parabéns a todos e a todas. 

LIBRO: PALABRAS FESTAS ESCOLARES

 

Cada festa escolar idenifícase cunha serie de palabras coñecidas polos nosos nenos e polas nosas nenas. Coas palabras que cada clase escribiu nas diferentes siluetas, elaboramos un glosario que se pode ver en cada vídeo elaborado para cada festa e tamén neste libro que pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca do centro.

 

 

 

 

 

 

 

Libro encadernado con tódalas siluetas que inclúe o noso glosario de cada festa.

 

 

LIBRO: ANIMAIS MITOLÓXICOS

Galicia é un país de lenda, así que as criaturas mitolóxicas, tamén forman parte da nosa cultura. Nós, quixemos crear os nosos propios seres, cos seus poderes especiais, así que cada aula deixou voar a súa imaxinación. No apartado de vídeos, poden verse tódalas nosas creacións, así coma neste libro, que poderemos atopar na Biblioteca do colexio.

Esperamos que vos guste!!

 

 

Estes son os nomes dos nosos animais mitolóxicos.

 

Un adianto do que podemos atopar no lbro

Os seres mitolóxicos existen!!

 

GALA E GALE DESEXAN UN FELIZ NADAL

A palabra NADAL, provén da palabra latina natalis, que significa nacemento. Gala e Gale manteñen a esperanza de que se produza o nacemento do cariño pola nosa lingua galega, naquelas persoas que aínda non o senten.

Premer na imaxe para ver o vídeo de Gala e Gale.

Feliz Nadal a todos e a todas!!!

 

BENVIDA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA - CURSO 2022/23

Queridas familias:

Queremos darlles a benvida a este novo curso que vimos de comezar, un curso no que por fin, volvemos á tan ansiada normalidade. Isto vai permitirnos que moitas das actividades que levemos a cabo, en relación co fomento do GALEGO, se desenvolvan xa, dun xeito presencial. O galego oral vai gañar así, espontaneidade, unha cualidade imprescindible para mellorar a comunicación.

Este curso, levamos a cabo a actualización do Proxecto Lingüístico do centro, razón pola cal lles enviamos unha enquisa.Os resultados, amosaron que o castelán, é a lingua de comunicación máis empregada nas diferentes situacións. O uso do galego, queda restrinxido a aqueles momentos cos avós ou nalgúns casos, no colexio.

Resulta curiosa a puntualización que fixeron algunhas familias e que realmente adoita pasarnos a moitos e moitas: "Se se dirixen a nós en galego, falamos en galego".

Á raíz desta realidade, nós propoñemos o seguinte: Se somos nós quen iniciamos a conversa, fagámolo en galego e se nos toca contestar, fagámolo tamén en galego. Podería suceder que levemos aos demais ao noso terreo lingüístico. Todo isto, claro está, sempre e cando a outra persoa estea en situación de comprender o galego.

Non deixemos de falar en galego porque pensemos que non o imos facer ben. Como en todo, precisamos unha rodaxe para ir mellorando as competencias. Estaremos así, mellorando a fala, a memoria, a creatividade, etc; o que vai favorecer a aprendizaxe de novos coñecementos.

Gustaríanos que fixésemos nosas, as seguintes palabras de Celso Emilio Ferreiro:

                      Eu fáloa porque si, porque me gusta                          

porque me peta e quero e dáme a gana

  porque me sae de dentro, dalá do fondo.

                       

* Prema na imaxe anterior para ver o vídeo:

O rap da lingua, do grupo Migallas.

 

          

 

 

OUH CAPITÁN! MEU CAPITÁN!

Queridas familias:

Queremos compartir con vós esta nova que recibimos hai uns días. O noso centro resultou de novo finalista no IV Certame Escolar Internacional de Podcast Xosé Mosquera Pérez, na categoría de Primaria, co traballo titulado: Ouh Capitán! Meu Capitán!

Unha representación do alumnado de sexto, foi o encargado de defender o traballo. Trátase dunha síntese en verso sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, o escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas; figura sobre a que tiñan que xirar os podcast.

Achegamos aquí estas imaxes relacionadas co premio. Premendo na primeira imaxe, poden escoitar o programa especial de radio que realizamos no centro polas letras Galegas, onde se inclúe o podcast premiado. Ademais poden escoitar o porqué da elección do título. Esperamos que lles guste.

Un saúdo.

Equipos de Radio Escolar e Dinamización da Lingua Galega

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut