Skip to Content

 

E.I.

PROGRAMA DE AULA DO ALUMNADO DE 5º EI: "ASÍ APRENDEMOS"

E aquí temos o programa de aula do alumnado de 5ºEI.

Ides ver como aprenden e o ben que empezan a desenvolverse diante dos micros. Saben moito moito e volo van amosar tan pronto premades na imaxe.

Dentro música!

PROGRAMA DE AULA DO ALUMNADO DE 6º EI-B: "OS DINOSAUROS"

E por se vos quedástedes con algunha dúbida ao respecto da era dos Dinosauros, aquí temos este estupendo último programa do alumnado de 6ºEI-B.

Non hai dúbida que o traballo realizado nas aulas está a dar o seu froito, e todos e todas elas gozan aprendendo deste apaixoante mundo dos diplodocus, estegosaurus e demais lagartos xigantes.

Premede na imaxe para escoitar!

 

PROGRAMA DE AULA DO ALUMNADO DE 6º EI-A: "OS DINOSAUROS"

Chegado directamente do cretácico, aquí tedes o segundo e último programa de aula do alumnado de 6ºEI-A. Como verdadeiras paleontólogas e paleontólogos vannos falar de....

OS DINOSAUROS

Con todo o que teñen na cabeza sobre este mundo de animais prehistóricos, ben que poderían ter feito de guionistas nas películas de Spielberg...e agradecido que estaría.

Premede na imaxe e mergulládevos a fondo neste tema tan "entreti-rex"

PROGRAMA DE AULA DO ALUMNADO DE 5 ANOS-B

E aquí temos a segunda parte destes piratas que nos chegan desde a clase de 6º EI-B. Non cesan no seu entusiasmo por coñecer este mundo de perigos de mar, tesouros agochadas e mapas de indicacións imposibles.

Non vos perdades este programa cheo de datos curiosos, adiviñas e xogos de palabras.

Premede na imaxe e a navegar!

 

PROGRAMA DE AULA DO ALUMNADO DE 5 ANOS-A

Benvidos e benvidas a unha nova aventura do alumnado do 6º de EI-A, embarcados que vos andan coñecendo o mundo dos piratas. E para darnos boa mostra de todos eses coñecementos que teñen sobre o tema, aquí nos deixan o seu primeiro programa de aula.

Premede na imaxe e abride ben non só as orellas senón tamén os ollos...non vaia a ser o demo que anden por aquí soltos algún deses corsarios en busca de tesouros...

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut