Skip to Content

 

ENTREVISTAMOS

"ENTREVISTAMOS": PROGRAMA Nº4: "ALICIA BORRÁS"

E chegamos ao final desta sección de....ENTREVISTAMOS!

E que mellor xeito de facelo que, traendo ata a nosa radio a unha marabillosa escritora da cidade olívica, autora de títulos como "Querido nadie", "O señor corpo quere xogar" ou "Nata y chocolate"...ela é...

ALICIA BORRÁS.

Foi este último a que a trouxo ata o noso cole xa que, este libro sobre o acoso escolar, foi lido polo alumnado de 5ºEP, e grazas ao seu interese puidemo contar coa súa presenza nas nosas ondas.

Premede na imaxe e gozade da súa voz e as súas palabras cargadas de gratitude cara a infancia, á que di entender mellor que aos adultos.

 

 

"ENTREVISTAMOS": PROGRAMA Nº3: "ELVIRA RIBEIRO TOBÍO"

Que ganas tiñamos de que chegara este ENTREVISTAMOS 3!

o xoves 22 de febreiro invitamos á nosa radio á escritora Elvira Ribeiro Tobío. Atrevémonos xa a dicir, que é unha amiga do noso cole, onde colaborou realizando durante dous cursos consecutivos o obradoiro de "Radio na biblio". Con ela aprendemos a declamar, recitar, vocalizar, redactar, pero ante todo a gozar coas letras, as nosas letras galegas.

Esperamos seguir contando con ela nos nosos próximos proxectos, porque sempre é marabilloso contaxiarse dese entusiasmo que transmite polo seu traballo.

Premede na imaxe para escoitar este ratiño que con ela compartimos.

 

"ENTREVISTAMOS": PROGRAMA Nº2: "TIMOTEO, O ELFO DE PAPA NOEL"

Neste segunda programa, dentro da sección de ENTREVISTAMOS, tivemos a sorte sortísima de contar no nos estudio de radio nada máis e nada menos, coa presenza dun verdadeiro Elfo de Papa Noel! Chámase Timoteo e contounos moi animadamente unha morea de curiosidades sobre el e o seu traballo.

Queredes escoitalas? Pois aquí vos deixo con este simpatíco ELFO, TIMOTEO!

 

"ENTREVISTAMOS": PROGRAMA Nº1

Benvidos e benvidas un curso máis á nosa sección de .....ENTREVISTAMOS!

E para comezar con bo pé, que mellor que traer ata a nosa radio a dous bos coñecedores do noso cole. Os nosos invitados foron, nesta inauguración, a PROFE ÁNGELES, e o noso mestre en prácticas, e antigo alumno, ÁNGEL.

Certamente compartimos un moi bo ratiño de radio xunto a eles, escoitando lembranzas do pasado e bos consellos para o futuro.

Premede na imaxe para escoitar que tal nos foi.

PROGRAMA Nº4: "PATRICIA MARTÍNEZ"

Que mágoa compañeiros e compañeiras, pero isto vai chegando ao seu fin...

Esta nosa sección periodística despídese cunha entrevista a ritmo de cha cha chá, chea de ritmo e arte.

A raiña da pista do noso concello, non é outra que...PATRICIA MARTÍNEZ.

Ela é ben coñecida por moitos de nós xa que foi, ou aínda é, mestra de baile, ademais de realizar habitualmente, diferentes obradoiros nos diferentes centros educativos de Mos.

Foi un pracer tela con nós, pola súa simpatía, o seu don de xentes o polo ben que se lle deu iso de falar polos micros. Fichada queda na nosa radio!

Premede na imaxe para escoitala.

 

PROGRAMA 3: REGINA (ONG Cerca y Lejos)

Xa está aquí o terceiro EntrevistaMos do curso!

Ainda que todos os programas son especiais e diferentes, este é, se cabe, aínda mellor.

E por que? Pois porque a nosa entrevistada estará nuns días en Camerún, nunha campaña cirúrxica coa ONG Cerca y Lejos.

Non vos imos contar máis, para sabelo todo deberedes premer na imaxe e non perdervos nadiña da entrevista.

PROGRAMA 2:ESCRAVAS DA VIRXE DOLOROSA

No segundo "EntrevistaMos" deste curso tivemos unha visita moi pero que moi especial na nosa Radio Escolar. Ángeles, educadora no Centro Residencial e Ocupacional da Virxe Dolorosa, viu na boa compaña de Pili e Cris, dúas usuarias que quixeron facer soar as súas voces a través das nosas ondas.

É esta unha entrevista que non podedes deixar de escoitar, porque de seguro, teredes pasado máis dunha vez ao carón deste centro e nunca vos preguntástedes como alí se vive e a de actividades que desenvolven todas estas mulleres, ESPECIAIS E ÚNICAS.

Premede na imaxe e non poñades só oídos....tamén corazón.

"ENTREVISTAMOS": PROGRAMA Nº1

Inauguramos por fin a nova sección da nosa Radio Escolar, ela é...

"EntrevistaMos!"

E que mellor xeito de dar comezo que invitando ao noso querido e recordado Profe Carlos!

Foi moi grato o encontro que tivemos con el entre micros e trebellos radiofónicos.

Premede na imaxe e desfrutade duns minutos de agradable conversa.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut