Skip to Content

 

Cheeky monkeys chat

CHEEKY MONKEYS CHAT Nº4-"DRESS FOR THE WEATHER"

Hello everybody!

chegou o momento de despedir, por este curso, esta sección internacional que tanto nos fixo rir e coa que, case sen decatarnos, aprendemos e agudizamos o noso sentido do oído.

O alumnado de 4º presenta o seu Cheeky Monkeys Chat, titulado...

"DRESS FOR THE WEATHER"

Fixeron un marabilloso traballo de dicción, pronunciación e....dramatización! Canto talento xunto na nosa radio!

Premede na imaxe e gozade da súa interpretación.

Happy holidays and see you next year.

CHEEKY MONKEYS CHAT Nº3- 6º-"THE GHOST TEACHER"

Hi guys!

unha nova entrega desta sección en inglés está recén chegada á nosa redacción.

Nesta ocasión o alumnado de 6º nos trae unha historia chea de misterio que vos terá ben atentos e atentas para non perder o fío...non vaia a ser o demo....ou a pantasma!

Collede uns flocos de millo, tomade asento, e... enjoy the thriller!

 

 

CHEEKY MONKEYS CHAT Nº2- 5ºB

Hi guys!

un segundo programa de "Cheeky Monkeys" está recén saído do forno da nosa radio escolar.

Nesta ocasión o alumnado de 5ºB preséntannos unha simpática historia de enredos que de seguro vos fará, non só por a proba o voso inglés, senón tamén pasar un rato ben divertido.

Click and listen, it will be really fun!

 

CHEEKY MONKEYS CHAT Nº1: "A SPECIAL GUEST"

Hi everyone!

Aquí estamos un curso máis coa nosa sección .... CHEEKY MONKEYS! Empezamos nesta ocasión cun programa especial xa que, acompañounos unha invitada ben especial, chegada de moi lonxe, ela é TATUNM a nosa auxiliar de conversa durante estes meses.

Foi un programa cargadiño de información no cal compartiu con nós unha chea de curiosidades da súa vida e da súa persoa, asi que, por isto e por moito máis non debedes perdervos este primeiro programa.

Preme na imaxe para escoitar a marabillosa entrevista realizada polo alumnado de 5ºA.

 

 

 

CHEEKY MONKEY Nº4: "WONDERS OF WORLD"

Hi everyone!

aquí temos o último CHEEKY MONKEYS CHAT deste curso.

E como non podía ser doutro xeito vannos deleitar cun programa cheo de MARABILLAS DO MUNDO!

Agudizade o voso oído e gozade desta viaxe sonora intercontinental.

 

 

CHEEKY MONKEYS CHAT Nº3: "SAINT PATRICK'S DAY"

Hello everyone!

aqui temos xa o terceiro "Cheeky monkeys chat" deste curso!

Hai uns días o noso cole tinguiuse de verde para celebrar o tradicional "Saint Patrick's day". Por se non sabedes como se celebra este día tomade boa nota do que nos contan os compañeiros e compañeiras de 4ºB...vánvolo expricar ben clariño!

Así pois, collede lapis e papel e tomade boa nota de todo o que nos contan para que o vindeiro ano esteades preparados e preparadas para este día.

Premede na imaxe e a escoitar.

CHEEKY MONKEYS CHAT 2: "ANIMALS IN DANGER"

Hi everyone and welcome to...

CHEEKY MONKEYS CHAT 2!

Aquí temos o segundo programa desta sección tan internacional, que nesta ocasión nos traen un tema do que moito xa sabemos pero do que todos e todas debemos tomar conciencia, os animais en perigo de extinción.

Escoitade con atención e tomade boa nota.

 

 

CHEEKY MONKEYS CHAT: "IN A MEMORABLE RESTAURANT"

Benvidos e benvidas novamente a nosa marabillosa sección en inglés, preparada pola nosa teacher Aida.

Neste primeriro programa do curso 22-23, os nosos compañeiros e compañeiras de 6ºEP, decidiron ir de comida a un restaurante...un tanto caótico e inesqueciblle. Recoméndovos que o escoitedes porque ides votar unhas boas gargalladas xuntos ou en boa compaña.

Hope you enjoy it!

 

"CHEEKY MONKEYS CHAT"- Programa Nº4

Hi guys!!

é unha mágoa pero...this is.....the last cheeky monkey chat!!

Si compañeiros e compañeiras, o grupo de 5º despídese por este curso coa súa sección en inglés, coa que tanto desfrutamos e aprendimos. 

Para este o seu último programa e coincidindo co noso "Mos talent", decidiron contarnos, e avanzarnos do que desfrutariamos neste festival cheo de artistas.

Premede na imaxe e non perdades detalle.

Unha forte aperta e....see you soon!

"CHEEKY MONKEYS CHAT"- Programa Nº3

Hi guys!

aquí estamos novamente cos nosos compañeiros e compañeiras de 5º e o seu....

"CHEEKY MONKEYS CHAT!"

Sempre preparan coidadosamente os seus programas e nesta ocasión non podía ser doutro xeito.Teñen moi estudado o funcionamento do noso cole, organización, alumnado,actividades...e vánnolo expricar todo todo, en inglés, pero ben clariño. Verdadeiramente serían uns estupendos asesores e asesoras de dirección!

Ben atentos e darlle ao play para desfrutar do programa.

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut