Skip to Content

 

Panda verde

PANDA VERDE "MISIÓN RESCATE":"ATA A VOLTA AMIGUIÑ@S"

E ben amiguiños e amiguiñas,

a PANDA VERDE remata por este curso a súa MISIÓN RESCATE. Esperamos que todo o aprendido mediante os seus programas o poñamos xa en práctica, porque sabedes que non hai tempo que perder!

Esperamos contar con todos e todas vós en vindeiras misións, que de seguro serán igual de apaixoantes que esta última.

E xa sabedes!

COA PANDA VERDE O PLANETE NUNCA PERDE!!!

Ata a nova misión!

 

 

 

 

 

PANDA VERDE "MISIÓN RESCATE":"NON Á CONTAMINACIÓN"

De novo a nosa Panda Verde ven concienciarnos sobre un gravísimo problema como é

                                                A CONTAMINACIÓN

Ademais daranos, coma non, uns breves "pandaconsellos" para evitar que este mal, moi presente desgraciadamente no noso planeta, sega crecendo.

Vós tamén podedes axudar!

Premede na imaxe e escoitade.

 

 

 

 

 

PANDA VERDE: "MISIÓN RESCATE"

Ola nenos e neas!

aqui tedes, unha nova entrega de..."PANDA VERDE:MISIÓN RESCATE".

Nesta ocasión, o alumando de 4ºA tráennos un tema moi curioso que de seguriño vos vai interesar, xa que vanvos dar ideas agora que se achegan as vacacións de Semana Santa.

Este tema non é outro que, RESERVAS NATURAIS PARA A PROTECCIÓN ANIMAL.

Veredes que de espazos naturais para o coidado animal temos no noso país!

3,2,1...dentro Panda Verde!

PANDA VERDE:MISIÓN RESCATE: "NON A DEFORESTACIÓN"

NON A DEFORESTACIÓN! NON A DEFORESTACIÓN!

Así veñen os nosos compañeiros e compañeiras de 4ºB, entonando un himno que todos e todas debéramos recordar e aplicar. Porque veredes que, axudar e participar da conservación da nosa contorna é máis sinxelo do que vos parece.

Premede na imaxe e comezade a colaborar.

 

PANDA VERDE:MISIÓN RESCATE: "A CAZA FURTIVA"

Panda verde:misión rescate!

Aquí está a nosa panda dándonos a coñecer a grande problemática mundial da CAZA FURTIVA.

Sempre nos traen temas ben interesante pero o de hoxe é especialmente triste e preocupante.

Premede na imaxe para escoitar este tercer programa da nosa panda rescatadora.

PANDA VERDE: "MISIÓN RESCATE"

Ola rapaces e rapazas!!

Xa está de volta a nosa Panda máis verde, a máis comprometida e concienciada co coidado do noso planeta. Neste curso ten a responsabilidade dunha nova tarefa ben importante, é por iso que, neste curso a súa misión é....de RESCATE! Rescate daquelas especies de animais en perigo de extinción.

Nestes dous primeiros programas preparados polo alumnado de 4º, vannos presentar esta grande problemática e dar uns sinxelos consellos que nós podemos pór en marcha para evitar a desaparición de especies imprescindibles na Terra.

Se queres prepararte para ser un membro máis da nosa PANDA non deixes de escoitalos...3.....2.....1........Arrancamos con...

"PANDA VERDE:MISIÓN RESCATE"

             

 

PROGRAMA 1

 

 

        PROGRAMA 2     

 

 

 

 

SECCIÓN "PANDA VERDE": PROGRAMA FINAL

E chegou o momento da despedida da nosa querida PANDA VERDE.

Cantas cousas que aprendemos con ela, non sí? A coidar da nosa contorna, do noso planeta, tomando conciencia da importancia dos pequenos xestos que todos nós podemos ter con el. Porque agora sabemos, que nós somo os máis importantes nesta misión.

Dende aquí lle damos as grazas polo seu grande traballo ao longo deste curso e lles desexamos un verán cheo de boas accións e moito sentidiño!

Premede na imaxe e desfrutade con esta superPANDA!

 

PANDA VERDE-MARZO-3ºA

E xa metidos de cheo no mes de marzo, volven os nosos compañeiros e compañeiras de 3ºEP coa sección máis verde no noso cole, A PANDA VERDE!

Neste programa vannos dar unha lección maxistral sobre a reciclaxe e a separación de residuos de xeito correcto.

É xenial escoitar todo o que saben ,asi que, estade ben atentos para comprobar se, nas vosas casas se empregan os contedores de xeito correcto.

Tomade papel e lapis e premede na imaxe para escoitar.

 

PANDA VERDE - FEBREIRO - 3ºB

E, de volta que está a Panda Verde de 3ºB para loitar, como eles mesmos nos din, por un mundo máis limpo, por un mundo mellor!

Nesta ocasión vannos concienciar da importancia que teñen os océnanos no noso planeta e da importancia de coidalos moito....moitísimo!

Seguide os seus "pandaconsellos" para que asi, entre todos podamos acadar o seu obxectivo: facer do noso mundo o mellor lugar para vivir!

Preme na imaxe para escoitar a sección.

PANDA VERDE-XANEIRO-3ºA

E xa temos a nosa Panda Verde de volta! Neste ano 2022 veñen aínda máis concienciados do importante que é facer as cousas ben no noso planeta, para que éste, goce de boa saúde.

Nesta ocasión, os compañeiros e compañeiras de 3ºA vannos falar da regra dos tres R, que nada vos ten que ver coas regras ortográficas...non non....

Escoitade e poñede en práctica todo o que nos contan para non malgastar os nosos recursos.

"REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR"

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut