Skip to Content

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 1ºEP-B

Que ganas tiñamos de coñecer a horta dos nenos e nenas de 1º! E xa o temos aquí, por fin!

"A HORTIÑA DE 1º"

Por suposto, vannos expricar como fixeron para ter unhas leitugas tan grandes e fermosas e unhs amorodos tan doces e saborosos. Pero ademais, vannos contar certas curiosidades dalgúns vexetais e...o máis importante! A receita secreta da súa ensalada con poderes máxicos!!

Premede na imaxe e...tomade boa conta de todo!

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 1ºEP-A

Por aquí veñen unha panda de bechiños que nos van facer pasar un rato ben agradable! Non non!! Non nos referimos aos nenos e nenas de 1ºA senón ao seu programa, titulado:

"O PIOLLO E A PULGA"

Seguro que coñecedes este conto pero nunca contado dun xeito tan estupendo como o fai este marabilloso grupiño .

Premede na imaxe e desfrutádeo!

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 1ºB

E como non podía ser doutro xeito, neste 28 de Xaneiro, día no que festexamons o Día da Paz no noso centro, os compis de 1ºB prepararon un programa ben chulo para que sexades conscientes do bonito que é levarse ben, non só hoxe ...SEMPRE!!

Ademais, aproveitan a ocasión para deixarnos unhas recomendacións saudables para estar en forma.

Preme na imaxe e desfrutade  deste programa:

 

                              "PAZ E VIDA SAUDABLE"

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 1ºA

Ola a todos amiguiños e amiguiñas!

o grupo de 1ºA preparounos un programa ben animado, cheo de contidos curiosos e entretidos.

Ides ver o que desfrutan coñecendo o mundo animal pero non esquecen tampouco os bos hábitos para ter unha saúde de ferro.

Escoitade e preparádevos para as adiviñas que nos presentan...a ver que as acerta!

Preme na imaxe e a desfrutar

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut