Skip to Content

 

Novas e avisos.

APLICACIÓN ABALAR

Recordamos a tódolas familias a importancia de descargarse a aplicación ABALAR MÓBIL para recibir os avisos do centro. 

Nesta páxina  https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil/guia-para-familias-abalar... tedes toda a información para descargala.

Un saúdo. 

A dirección. 

 

ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 24-25

As portas de saída e entrada para este curso serán as seguintes:

 

PORTA 1:  5º- 2º- 3º

 

PORTA 3:     6º A- 6ºB- 4ºA- 4ºB

 

PORTA 5: 1º A- 1º B- EI

INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Benvidos e benvidas a un novo curso escolar. 

O día 11 de setembro, primeiro día de clase, o alumnado so debe traer unha mochila, merenda e un estoxo con material basico (alumnado de EP). O alumnado de EI so ten que traer mochila e merenda. 

Os libros e o material deberán ir traéndoos ao longo de toda a primeira semana, e deben vir marcados co nome  de cada alumno ou alumna. 

 

Para favorecer unha boa organización no primeiro día, o mércores 11 de setembro, as entradas realizaranse de xeito gradual:

 
 

9:15 h:

6ºA,  6ºB, 5º 

 

9:30 h :

 

4ºA ,  4ºB , 3º , 2º

 

9:45 h :

 

1ºA, 1ºB,  6ºEI, 5ºEI

 

* o alumnado de 4ºEI (3 anos) seguirá o horario marcado no seu periodo de adaptación.

 

AVISO IMPORTANTE : Todo o alumnado que desexe facer uso do transporte escolar no curso 2024-25 deberá cumprimentar o formulario que aparece nesta mesma páxina web.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestrevalverde/node/1165

  

Para calquera dúbida podedes contactar co centro de xeito teléfonico (886110356/58) ou a través do correo electrónico  (ceip.mestre.valverde@edu.xunta.gal).

 

Feliz curso 2024-25 e ata o mércores.

 

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: INGLÉS CURSO 24-25

No arquivo adxunto podedes atopar información acerca da actividade extraescolar de Inglés que o Concello levará a cabo no curso 24-25.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut