Skip to Content

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 2ºB

Nesta ocasión, e despois de contarnos todo  o que saben sobre dinosauros, O alumnado e 2ºB estivo a preparar unhas adiviñas sobre as mascotas do noso cole.

De seguro que non ides ter problema para adiviñar as respostas. Animádevos a comprobalo? Imos pois!

 

                       "ADIVIÑA A MASCOTA

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 2ºA E.P.

E xa están aquí de volta, neste último trimestre os nosos compañeiros e compañeiras de 2ºA.

Sempre nos sorprenden con todos ese coñecementos que teñen nas súas cabeciñas e, nesta ocasión vánnolo demostrar novamente, falándonos de...

"ANIMAIS VERTEBRADOS"

Deixade todo o que estedes a facer e prestade moita atención. De seguro ides descubrir características dalgún animal descoñecida ata hoxe.

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 2ºB E.P.

Dende a lonxana época do xurásico chega o programa de radio do alumnado de 2ºB:

"PASEANDO COS DINOSAUROS"

Estes rapaces e rapazas sonvos uns perfectos coñecedores deses lagartos xigantes aos que chaman....DINOSAUROS! Con eles daremos un paseiño por épocas pasadas na mellor das compañías.

Coidado que chegan!

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 2ºA E.P.

O alumnado de 2ºA de E.P. estréase este curso co seu primeiro programa de radio:

"DÍA DA PAZ"

A verdade é que...o resultado foi estupendo! Amósannos idiomas...cancións...personaxes a coñecer e outros para o recordo. Un programa moi completiño! Non perdades nin un segundiño para escoitalo. Preme na imaxe e adiante!

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut