Skip to Content

 

E.I.

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 3 ANOS

E...xa está aqui, recén saído do forno, o programa de radio que todos e todas estabades esperando!

"COÑECEMOS AOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS"

A espera mereceu a pena porque, ides escoitar o ben que falan diante dos micros, todos e todas moi profesionais, presentándose e contándonos o que máis lles gusta do cole.

Premede na imaxe e abride ben as orellas!

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 4 ANOS

Xa estabamos ansiosos por ter de novo aos nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos!

Nótase que xa medraron motísimos desde o seu primeiro programa, porque....aprenderon unha chea de cousas sobre a nosa preciosa terra, Galicia...por iso lle titularon ao seu programa:

"GALICIA É FERMOSA"

Premede na imaxe e disfrutade con todo o que nos contan.

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 5 ANOS-B

E despois do programa sobre a auga do grupo de 5 anos-A seguimos mergullándonos neste medio que tanto nos fai pensar xa no verán. Nesta ocasión, os pequenos grandes expertos en especies mariñas da clase de 5 anos-B, vannos dar a coñecer unha chea de curiosidades sobre animais mariños. De seguro quedaredes abraiados con todo o que saben.

E claro... como xa rematan a súa etapa de infantil....ao final do programa teremos unha sorpresiña, así que...preme xa na imaxe para escoitar o seu programa.

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 5 ANOS-A

Os nosos programas de aula están a piques de chegar ao seu fin neste curso. Pero....aínda nos quedan algúns por disfrutar como, neste caso, co traballo que están a realizar os nenos e nenas da clase de 5 anos -A. Saben moito sobre a auga e a súa importancia para todos nós, é por iso que o seu programa o titularon así de claro:

" A AUGA"

Preme na imaxe para escoitar todo o que nos contan sobre ela.

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 4 ANOS

Ola novamente a todos e todas!

Nesta ocasión son os nenos e nenas de 4 anos os que deciden contarnos ...

"Cousas que nos gustan facer"

Se sodes curiosos e queredes coñecer todo aquilo que lles fan felices aos nosos pequenos grandes contadores de historias, premede na imaxen e disfrutade cos seus gustos e afeccións.

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 5 ANOS-A

E despois de moito informarse e de moito ler, os pequenos grandes lectores do grupo de 5 anos-A preséntannos o seu programa de radio:

                                                "LIBROS QUE EMOCIONAN"

Estade atentos para buscar rapidamente na biblioteca os libros que nos recomendan, que de seguros vos gustarán e emocionarán tanto coma a eles.

 

PROGRAMA DE RADIO DO ALUMNADO DE 5 ANOS-B

Xa está listo o primeiro programa da etapa de Educación Infantil. Os primeiros en presentarnos o seu programa son os nenos e nenas da clase de 5 anos-B.

Están a traballar e investigar sobre un tema que lles apaixona....

                                                 AS EMOCIÓNS

Todos vós sabedes que é iso das emocións? Saberiades recoñelas?? Pois...escoitade ben atentos porque estes rapaces e rapazas aínda que ben pequenos, son uns expertos e expertas nesta materia.

Premede na imaxe e non perdades detalle.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut