Skip to Content

 

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!!!

Para conmemorar o Día Internacional das persoas con Discapacidade (3 de decembro), ao longo de dúas semanas, fixemos, no noso cole, diferentes actividades dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria.

Este ano, centrámonos na cegueira, animando aos nenos e nenas a reflexionar, sentir e aprender sobre este tipo de discapacidade.

Algunhas das actividades que levamos á cabo, neste días, foron: asambleas para reflexionar co alumnado sobre a discapacidade visual; xogos de sensibilización; lectura do libro “Superheroes da escola” (para reflexionar sobre o autocoñecemento e a valoración positiva dun mesmo)…

En definitiva, o que quixemos transmitirlle aos máis pequenos foi que, todas as persoas son diferentes, pero todas son igual de valiosas!!!

Aquí vos deixamos un vídeo resume das actividades que fixemos!!!

Agardamos que vos guste!!!

 



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut