ACCESO A MATERIAIS DIXITAIS DA EDITORIAL MACMILLAN

Durante este curso o alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria está a utilizar libros da editorial Macmillan. A adquisición destes exemplares inclúe o acceso a diferentes materiais dixitais cos que repasar os contidos traballados na aula. No caso de primeiro e segundo, estes consistirán nunha pequena aventura gráfica na que o protagonista terá que ir superando diferentes probas relacionadas co vocabulario traballado en cada unidade. No caso de terceiro e cuarto, o alumnado poderá acceder a cancións, vídeos, actividades e aos seus libros en formato dixital, incluídos os audios de cada exercicio. 

 

Así, pois, trátase de recursos educativos moi recomendables para o afianzamento das aprendizaxes levadas a cabo dentro da aula. Déixovos aquí os pasos a seguir para poder desfrutar de todos estes contidos: 

 

PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA

 

TERCEIRO DE PRIMARIA

 

CUARTO DE PRIMARIA

 

 

Ante calquera cuestión, non dubidedes en contactar comigo.

 

Un saúdo,

 

Aida