Skip to Content

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA O CURSO 24/25

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

ALUMNADO MATRICULADO EN 3º E 4º DE EP NO CURSO 24-25.

(5º E 6º son cursos E-dixgal polo que están excluídos deste fondo solidario.) 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 1º e 2º DE EP no curso 24-25.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR.  Todo o alumnado matriculado en Educación Primaria no curso 24-25

 

Para ter dereito a algunha das axudas a renda per cápita familiar debe ser igual ou inferior a 10.000€ (RENDA 2022. Suma das casiñas 435 + 460 dividido entre os membros computables da unidade famiiar, computando por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%)

 

DOCUMENTACIÓN IMPRESO ANEXO I e II (dispoñible nesta web, na aplicación Fondolibros e no centro educativo. 
Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar (só no caso de non autorizar a consulta telemática dos datos)

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica. 

Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2022 poderán acreditar a traves dos seguintes medios;

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regularor onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de defunción. 
Certificado do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN  ATA O 21 DE XUÑO DE 2024
FORMA DE PRESENTACIÓN
  • Preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros.
  • Presencialmente no centro educativo. (de 9:15 a 10 horas ou de 13:30 a 14:15 horas. )

 

Para MÁIS INFORMACIÓN preme en cada un dos seguintes enlaces:

AnexoTamaño
ED330B.pdf3.49 MB


        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut