Skip to Content

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Estimadas familias:

 

Co motivo do día das Letras Galegas e seguindo a tradición do colexio, o martes dia 16 de maio, ás 17:00 horas, realizaremos un festival con actuacións do alumnado dirixido as tódalas familias do centro.

Este ano, e para evitar os problemas de espazo sufridos en ocasións pasadas, o festival será realizado na discoteca QUEEN, que de xeito desinteresado nos prestará as súas instalacións.

 

  • O alumnado deberá estar no centro o día 16 de maio ás 16:15 horas. Será o profesorado do centro quen se encargue de acompañar a tódolos nenos e tódalas nenas ata QUEEN.

  • Non é preciso que recollades aos usuarios do comedor ese día. O persoal do centro farase cargo deles ás 16:15 horas (hora de finalización do servizo do comedor). Non haberá actividades extraescolares no centro.

  • Durante a realización do festival e ata o seu remate o alumnado permanecerá co seu grupo de clase xunto co profesorado na zona habilitada para tal fin, ata a finalización do mesmo.

  • As familias poderedes acceder a QUEEN minutos antes das 17:00 horas, momento no que comenzaran as actuacións.

  • Na páxina web do centro publicaranse vídeos e fotografías do festival (contamos coa autorización de tódalas familias do centro). Recordamos que as imaxes e gravacións captadas polos proxenitores son para uso persoal e será responsabilidade da persoa que obtivo as imaxes a súa correcta utilización.

  • IMPORTANTE: O alumnado será entregado ao remate do festival na porta principal da discoteca polo profesorado do centro aos pais/nais ou persoas autorizadas, do mesmo xeito que se fai no centro ao remate das clases.

  • Nos proximos días, en horario lectivo, o alumnado acompañado do profesorado achegarase ata Queen para realizar diversos ensaios.

 

 

A realización deste festival é a suma dos esforzos e ilusións tanto do alumnado como do profesorado , polo que esperamos contar coa presenza de tódalas as familias.

 

  

Esperámosvos a todos e todas o día 16 de maio ás 17:00 horas.



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut