Skip to Content

 

VOTACIÓNS RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Recordamos a tódalas familias que mañá martes 19 de novembro celebraranse as eleccións ao Consello Escolar.

O horario de votacións será o seguinte:

 

 

De 9:20 horas á 9:45 horas.
De 14:00 horas á 14:30 horas.
De 16:00 horas á 17:00 horas.

 

GAÑADORES CONCURSO MAGOSTO 2024

Rapazada! hoxe desvelamos por fin o segredo mellor gardado deste Magosto 2024. Que vai ser senón?

Os gañadores do concurso "Que cousa é?", os que amosaron máis agudeza na búsqueda de obxectos ou elementos na decoración outonal do noso cole, foron....tachán tachán....

             LUCAS AMOEDO (4ºA),XOEL ALONSO (5º) e LÍA FERNÁNDEZ (5º)

                                           PARABÉNS COMPAÑEIRA E COMPAÑEIROS!

 

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

RELACIÓN DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR FAMILIAS

 

  Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de pais/nais no CONSELLO ESCOLAR, a XUNTA ELECTORAL do CEIP Mestre Valverde Mayo, fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á elección.

 

 TÁBOAS PAZO, BEATRIZ (Nai de Mei  de 2º EP)

 

 

Ábrese un prazo de dous días para a posible reclamación desta candidatura.

 

A presidenta da xunta electoral

 

Mª Jesús González Puga 

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2024

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DE CENTRO 

Como presidenta da Xunta Electoral, e de acordo co establecido na Lei ó respecto, diríxome a vostedes para comunicarlles:

 

1) – ÁBRESE UN PRAZO DE ADMISIÓN DE CANDIDATURAS PARA CUBRIR DÚAS PRAZAS DE REPRESENTANTE DAS FAMILIAS no Consello Escolar do Centro que debe ser renovado parcialmente  este ano.

2) – O prazo comprende dende o día  30 de outubro ata o día  11 de novembro ( ámbolos dous inclusive), debendo ser presentada a candidatura na Secretaría do colexio.

3) – Poderán ser candidatos/as todos os/as pais/nais/titores legais de alumnos/as do colexio.

4) – A Xunta Electoral, unha vez estudiadas, proclamará as candidaturas presentadas o martes, 12 de novembro.

5) – Contra dita proclamación poderán presentarse recursos dentro dos dous días lectivos seguintes.

6) – O 12 de novembro, procederase ó sorteo público para a constitución da MESA ELECTORAL, ás 9:15 h.

7) – O 15 de novembro, presentarase a lista definitiva dos/as candidatos/as despois de solucionar os posibles recursos.

 

8) AS ELECCIÓNS DOS/AS REPRESENTANTES DOS PAIS E NAIS AO CONSELLO ESCOLAR CELEBRARASE O MARTES, 19 DE NOVEMBRO, no seguinte horario:

 

 

De 9:20 horas á 9:45 horas.
De 14:00 horas á 14:30 horas.
De 16:00 horas á 17:00 horas.

 

Os censos estarán expostos na secretaría do centro.

 

Os interesados en recibir unha información máis detallada poden dirixirse directamente ó colexio ou chamar por teléfono ( 886 110358).

 

Sanguiñeda, 28 de outubro do 2024

                               

A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL                                Asdo.: Mª Jesús González Puga

 

GALE E GALA ANUNCIAN UNHA FESTA DE MEDO: O SAMAÍN

Gale, Gala e o seu equipo; visitaron novamente as aulas para anunciar unha festa de medo: O SAMAÍN!

Levaron ás aulas varias propostas de traballo.

Premer na imaxe para ver a visita de Gale e Gala e as actividades que propuxeron.

 

 

COMEZAMOS CO PROXECTO GALEGANDO! GALA E GALE FAN A SÚA PRIMEIRA VISITA POLAS AULAS DO COLE!

Gala, Gale e parte do seu equipo fan a súa primeira visita polas aulas neste curso escolar 24/25!

 

Premer na imaxe para ver o que contaron Gale e Gala.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

RENOVACIÓN REPRESENTANTES CONSELLO ESCOLAR 2024

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut