Blogues
PARA @S CHIC@S DE 5º
Ola!
Como xa vos dixen o outro día, non imos seguir avanzando contidos, así que vos mando as respostas da lesson 3, que é a última que fixemos e unha ficha de repaso do tema 1.
Botádelle un ollo ó tema 1, ó vocabulario e as estruturas gramaticais para refrescalo.
Moitas apertas!
PARA @S CHIC@S DE 6º
Ola!
Mándovos as respostas da lesson 3 do activity e unha fichiña doada.
Recordade que neste tema necesitamos saber o verbo necesitar: need ; tener: have got e querer: want.
Funcionan coma sempre, a terceira persoa rematada en -s: she needs, she has got, she wants.
Espero que esteades tod@s ben. Moitas apertas
PARA @S CHIC@S DE 1º
Ola!
Como no libro non podemos avanzar moito sen o CD, imos ir facendo algunha fichiña relacionada co tema. Recordade que este trimestre non é avaliable, pero sí podemos ampliar coñecementos, xa que tódol@s nen@s teñen aprobada a asignatura.
Moitas gracias polo voso traballo. Unha aperta!
PARA @S CHIC@S DE 5 ANOS
Ola!
Hoxe vamos ver unha canción para repasar varios concetos e temos unhas actividades para complementala. Espero que vos guste!
PARA @S CHIC@S DE 3º
Ola!
Seguimos repasando o tema 1. Déixovos unhas fichas no liveworksheets para facer entre hoxe e mañá. Vémonos a semana que ven!
Moitas apertas!
PARA @S CHIC@S DE 2º
Ola de novo!
Como vos dixen onte, non imos seguir avanzando contidos, así que imos volver empezar dende o tema 1 para repasar ben o vocabulario e as estruturas verbais.
Mirade no libro o vocabulario do tema e repasade o verbo poder CAN non poder CAN´T
Gracias polo voso esforzo. Moitas apertas
PARA @S CHIC@S DE 6º
Ola!
Aquí vos mando as respostas das frases do luns e hoxe imos facer a lesson 3 do activity (páxina 53). Seguide traballando.
Apertas!
PARA @S CHIC@S DE 3-4 ANOS
Ola!
Aquí vos mando unhas cousiñas para traballar os opostos. Espero que vos gusten!
https://www.youtube.com/watch?v=RNUZBHlRH4Y
https://es.liveworksheets.com/fn395748se
PARA @S CHIC@S DE 4º
Ola!
A partir de agora imos repasar os contidos do primeiro e segundo trimestre. Tendes fichas novas sobre o tema 1 no liveworksheets. Xa tendes traballo ata a semana que ven. Se tendes algunha dúbida, escribídeme ó correo englishmestres@hotmail.com
Moitos ánimos!
PARA TÓDALAS FAMILIAS
Bo día!
Para seguir as instrucións do goberno respecto ó 3º trimestre, imos deixar de avanzar materia e adicar o tempo que nos queda de curso a actividades de repaso para @s alumn@s que teñen as dúas primeiras avaliacións aprobadas e de reforzo para aquel@s que teñen algunha suspensa, co fin de intentar recuperalas, excepto en 6º de primaria, que, como cambian de ciclo, farán as dúas cousas, recuperar e avanzar de cara a estar preparad@s para o instituto.
Polo tanto, empezade a repasar dende o tema 1 a ver qué tal se lembran do vocabulario e das estruturas gramaticais e en canto poda, subireivos tarefas de repaso.
Moitas gracias pola vosa comprensión e esforzo. Apertas @s chic@s!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »