Skip to Content

3ª ENAPA "LÍMITES E COMUNICACIÓN POSITIVA CON MERCEDES URBIOLA

ENAPAs    |   CURSO 2021-22   |   LAVACOLLA
ESCOLA DE NAIS E PAIS

O vindeiro luns 30 de maio, teremos a terceira formación para familias (Enapa) deste curso. Será a pedagoga e guía Mercedes Urbiola Ituarte, quen veña a impartirnos coñecemento e experiencias en “LÍMITES E COMUNICACIÓN POSITIVA”. Ofreceranos tanto a súa bagaxe coas crianzas como coas adultas. Será na biblioteca* do Ceip, de 17:30 a 19:30.

 

Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremos actividade e xogo  libre para as nosas crianzas. Nuns días enviaremos un formulario para inscribirse na formación coa actividade.

 

Agardamos vernos, poder aproveitar unha tarde xuntas e sacarlle o máximo proveito e xugo a Mercedes Urbiola e ós seus coñecementos.

 

 

 

A nosa relatora leva moitos anos traballando coas crianzas, a súa educación e o seu desenrolo. Convive a diario coa rapazada mais nova, é formadora de guías, de adultas e asesora de familias. 
Somos conscientes da necesidade de apoio e orientación na crianza e educación dos nosos nenos.  Sabemos que a formación é moitas veces necesaria pois ninguén máis que os nosas fillas ensínanos a ser pais.
Cada neno e nena son únicos e cada familia tamén. Sabemos que non hai unha soa maneira de facer as cousas.
"Para educar al niño de manera distinta, para salvarlo de los conflictos que ponen en peligro su vida psíquica, es necesario en primer lugar un paso fundamental, esencial, del cual depende todo el éxito: y es el de modificar al adulto"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut