ENAPAs | CURSO 2021-22 | LAVACOLLA
E S C O L A D E N A I S E P A I S
O vindeiro sábado 30 de abril, teremos a segunda formación para familias (Enapa) deste curso. Será o mestre e doutor en psicoloxía Eduardo Barca Enríquez, quen veña a impartirnoscoñecemento e participación en “PEDAGOXÍAS ACTIVAS”. Ofreceranos tanto as súas como outras experiencias en proxectos educativos. Será na biblioteca do Ceip, de 11:00 a 13:00.
Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón ou pista vermella, teremos unha actividade e xogo libre para as nosas crianzas. Nuns días enviaremos un formulario para inscribirse na formación coa actividade. Tamén teremos un petisco ebebida ó rematar a formación no patio do cole.
Agardamos vernos, poder aproveitar unha mañá xuntas e sacarlle o máximo proveito e xugo aEduardo Barca e os seus coñecementos.
O noso relator traeranos experiencias, exemplos e proxectos de centros de ensinanza con proxectos educativos similares ó do Xixirei ,con anos de percorrido para que poidamos comprender e saber como funcionan. Serviranos para aprender o que as pedagoxías onde as crianzas son as protagonistas poden ofrecer na súa educación e desenrolo. Psicoterapeuta infantil, formador e supervisor de educadores no Master de profesorado da Universidade da Coruña, tamén traballou nos dous centros educativos mais laureados de Galicia, O Pelouro e Peleteiro. Poderemos aproveitar para que nos axude a comprender como os centros de ensinanza guían a evolución, educación e formación das nosas crianzas.
Financia: Imparte: Organiza: Colabora: