Skip to Content

CIRCULAR RECORDATORIA DÍA DAS VOTACIÓNS DAS FAMILIAS

 

CIRCULAR RECORDATORIA DO DÍA DE VOTACIÓNS DO SECTOR FAMILIAS

 

De acordo coa Convocatoria do día TRES do mes en curso, o próximo día 22, luns, en horario de 16:30 a 19:30 horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio.

 

Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

1º.- Quen pode votar.

 Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

2º.- Modo de emitir o voto.

 a) O voto será directo, secreto e non delegable.

 b) Os modelos de papeletas facilitaranse no centro.

 c) Cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de tres nomes persoas candidatas relacionadas, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo xoves, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

Lavacolla, 18 de novembro de 2021

A DIRECTORA DO CENTRO

 



story | by Dr. Radut