Skip to Content

CONSELLO ESCOLAR: RELACION DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO

 

ACORDOS XUNTA ELECTORAL DO 15 DE NOVEMBRO

 

 Primeiro:

 

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria do 2 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

 

1.- Adrio Fondevila, Juan Marcos

 2.- Álvarez Antelo, Beatriz

 3.- Casal Cotón, Mª del Carmen

 4.- Casas Castaño, Sergio

 5.- Domínguez Vivero, Ana

 6.- Heybrook, Francis

 7.- Sá Barreto Cruz, Flabia

 8.- Sainz Gracia, Naiara

 9.- Vilares Gontán, Begoña

 

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais/titoras legais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018.

 

Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 16 ao 22 de novembro, ambos días inclusive.

 

Segundo:

 Unha vez efectuadas as correccións oportunas, apróbanse e publícanse definitivamente os distintos censos electorais.

 

Terceiro:

 Apróbanse os modelos de papeletas e sobres de votación. Nas papeletas figurará a relación alfabética dos nomes dos candidatos ou candidatas a sinalar cunha  cruz no acto da votación.

 

Cuarto

 Realízase o sorteo dos membros que comporán a mesa electoral do sector de nais e pais ou titores cos respectivos suplentes.

 

O que se fai público para xeral coñecemento.

 

A Directora do Centro

Presidenta da Xunta Electoral

 



story | by Dr. Radut