Skip to Content

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

 SORTEO CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

       De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do Consello Escolar que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

       A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

   -A Directora do Centro.

 -  Un profesor ou profesora.

 - Un pai, nai ou titor legal.

 - Un representante do persoal de administración e servizos.

 

       Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público, e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día mércores, 27 ás 10:30 da mañá.

 

       Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Lavacolla, 25 de outubro de 2021

A Directora.

 

 

 

 



story | by Dr. Radut