Skip to Content

A GUERRA DOS NÚMEROS

Aquí tedes a película de animación "A guerra dos números" que fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º máis os seus titores. Como sabedes, presentouse ao concurso de "Nos tamén creamos", organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora. Esperamos que vos guste como nos gustou a nós! Tamén podedes velo na páxina de CRTVG neste enlace. Do mesmo xeito, podedes ver o vídeo sobre como se fixo esta curtametraxe aquí.



page | by Dr. Radut