Skip to Content

20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

INFORMACIÓN DA ANPA PARA O CURSO 2024-25

NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS TEÑEN INFORMACIÓN DA ANPA RELATIVA Á INSCRICIÓN COMA SOCIOS, COMEDOR ESCOLAR, ACTIVIDADES E AULA MADRUGA.

CALENDARIO ESCOLAR 2024-25

NO ADXUNTO PODEN ACCEDER Á ORDE QUE REGULA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25 OU A TRAVÉS DO ENLACE.

 O CURSO ABRANGUERÁ DO 11 DE SETEMBRO DE 2024 AO 20 DE XUÑO 2025 

PERÍODOS DE VACACIÓNS:

 1. NADAL: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos

2. ENTROIDO: 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

 3. SEMANA SANTA: desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

 

A CONSELLERÍA ESTABLECEU O DÍA DO ENSINO O VINDEIRO 31DE OUTUBRO DE 2024, POLO QUE ESE DÍA NON É LECTIVO.

O DÍA DE LIBRE DISPOSICIÓN AUTORIZADO POLA INSPECCIÓN EDUCATIVA AERÁ O 2 DE MAIO DE 2025.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-25

NO ADXUNTO PODEN CONSULTAR OS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-25.

 

 

PRANTAS AROMÁTICAS NA NOSA HORTA

Este ano o equipo da Horta creamos un "Sendeiro de Aromáticas" para estimular os SENTIDOS do noso alumnado. As plantas aromáticas son unha parte importante da HORTA, xa que estas aportan grandes beneficios. Investigamos os usos e beneficios (medicináis e culinarios) e coa información fixemos un caderno de campo sobre aromáticas para a Biblio. Ademáis grabamos na radio un podcast con todo o aprendido e con iso crearemos uns códigos QR que puxemos no sendeiro baixo a planta correspondente. Esperamos que vos guste o traballo!

  

Preme na imaxe

 

GAÑADORES DO PREMIO CONVIVIMOS 2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e universidades resolveu o pasado 8 de xaneiro a primeira edición do Premio ConVivimos que ten por obxectivo recoñecer o bo traballo e o compromiso dos centros escolares a prol da convivencia e o benestar. 

 O Colexio CEIP Mestre Martínez Alonso, en Mos, e o Instituto IES Xelmírez I, en Santiago de Compostela, obtivemos o primeiro premio na categoría de Primaria e Secundaria, respectivamente. 

O conselleiro destacou o labor dos centros premiados na elaboración de propostas para fortalecer o respecto e a equidade entre alumnado, docentes e membros do equipo educativo. “Esta primeira convocatoria contou coa participación de máis de 50 centros de toda Galicia das distintas etapas, o que demostra o compromiso da comunidade educativa galega coa convivencia e a tolerancia no entorno escolar”, salientou.

Unha comisión de selección avaliou os proxectos presentados, tendo en conta aspectos como a calidade das accións desenvolvidas, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa, o impacto no proceso de ensino-aprendizaxe e a súa repercusión no conxunto do centro, entre outros.

O centro recibiu  un importe de 5000€  correspondente á dotación do Primeiro premio. Pola súa banda o profesorado implicado recibirá unha certificación de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e 20 horas para o profesorado participante. 

Distribuir contido

 

               

 



by Dr. Radut