Vostede está aquíAnimación á lectura

Animación á lectura


CONTACONTOS 13-14

  Este curso gozamos de novo dunha morea de contacontos. Os primeiros en saír ao escenario foron os alumnos de 5º curso que nos convidaron (literalmente) a "Unha boa merenda". O día de Entroido as rapazas de 4º curso coa impactante colaboración de Alba de 6º ofrecéronnos "Os 3 lobiños e o porquiño feroz".

  Para celebrar o Día do Libro (ou sexa o 23 de abril) varios alumnos de 6º e Pablo de 2º curso contáronnos "A casa da mosca chosca". Tamén Adrián de 3º fíxonos gozar coa súa representación de "Paco Papán" e os seus compañeiros de curso coa canción do conto.

Jacobo Fernández Serrano 2013

   O 20 de marzo recibimos a visita de Jacobo Férnandez Serrano, un fantástico debuxante que nos falou dos libros que ilustrou, dos cómics que creou e do debuxo en xeral.

Ao final firmounos moitos libros!!!

Imaxes premendo na foto.