Vostede está aquíMúsica

Música


Información actividades de música para INFANTIL e PRIMARIA

Ola a tod@s, gustaríame compartir con tod@s vós un vídeo gravado este fin de semana por varios membros da banda de música municipal de Silleda, a miña banda, que está  aparecendo en varios canais de televisión e internet, para que vexamos o valor da música aínda sen poder  estar xuntos.

A canción titúlase " resistiré" espero que vos dé máis enerxía aínda para afrontar estes días.

Unha vez escoitado, como tarefa para música, podedes apuntar nun papel qué instrumentos de vento madeira aparecen, recoñecedes algún instrumento de vento metal? E de percusión? 

Cando volvamos a clase xa analizamos as vosas respostas!!;D

VÍDEO "RESISTIRÉ"

Información música

Ola a tod@s, dende música vouvos a deixar algunha canción por se queredes facer cos nen@s e que sexan así algo máis levadeiros estes días.

INFANTIL

El cocodrilo Dante

Esto báilase así

Percusión corporal

1º e 2º

Coreografías musicais en INGLÉS: 

Así aprobeitamos a repasar as nosas seccións bilingües!!=)

Xogo de negras e corcheas:

En este xogo podes utilizar as palmas para levar o ritmo ao mesmo tempo que vas lendo as negras ( ta) ou corcheas (titi), ánimo e ensínalle a túa familia o ben que o fas!!;D

Sons graves e agudos

Xogo: atrapa as notas musicais 

3º: Acordádevos de repasar a canción de frauta.

Frauta: "Un ratón me persigue"

Xogos musicais para entreternos

Xogo de ritmos musicais

4º: Canción frauta: Guateque

Xogo termos de tempo

Xogos musicais 

5º e 6º: Non vos esquezades de ir repasando a canción de frauta.

Canción frauta 5º:  piratas del caribe

Canción frauta 6º:  El rey león

Xogos de repaso dos instrumentos de percusión

Xogos de repaso dos instrumentos de vento

Xogos de repaso dos instrumentos de corda

Coidádevos moito e vémonos á volta!!=)

Saúdos para tod@s!!

Clases tradicionais impartidas polas alumnas de 5º na aula de música

Algunhas das nosas pandereteiras están a realizar un proxecto de música tradicional onde nos ensinan tanto bailes típicos coma instrumentos da nosa música galega, o outro día tocaronnos unha obra tradicional con pandeiretas e botella de anís. Ademais podedes ver a clase de baile tradicional que estivemos realizando con algúns pasos básicos. A seguir coa música galega así de ben!!!=)

 

 

Percusión corporal en 2º

Os alumnos e alumnas de 2º curso estiveron realizando percusión corporal na clase de música, para a próxima ide pensando os xestos que poderíades facer xa que sabedes que toca improvisación corporal!!!=)

Iker ensinándonos o seu piano!!

Hoxe tivemos a sorte que outro compañeiro troixo un instrumento para ensinarnos na clase, desta vez foi Iker o que se animou a traer o seu piano e vimos que tipo de instrumento é e como funciona.

Gracias Iker por compartilo con nós!!=)

Cancións frauta

Que mellor que escoitar e ver a partitura da nosa canción, así podemos estudiala dende a casa vendo se nos sae ben. 

Canción de frauta 3º curso E.P 

Canción frauta 4º 

Canción frauta 5º

Canción frauta 6º

Entoando unha canción ao son do piano!!:D

Os alumnos de 5 anos non deixan de sorprendernos, desta vez estiveron entoando unha canción ao son do piano!!:) 

Discriminación auditiva de sons agudos e graves

Os alumnos de 4 anos estiveron discriminando auditivamente os sons agudos e graves!!=)

Tocando a guitarra na clase de música

Na pasada clase de música, tivemos a sorte de escoitar outra das nosas promesas musicais do CEIP Mesón do Vento, Candela, que nos deleitou co villancico " los peces en el río". Gracias pola actuación e a seguir tocando así de ben!!=)

Odaiko en concerto no CEIP Mesón do Vento

O mércores 20 de novembro, con motivo da celebración de santa Icía, que é o 21 de novembro, tivemos a sorte de ter no noso centro o grupo de percusionistas ODAIKO, tanto mestres coma alumnos lles encantou o concerto, a continuación podemos ver no seguinte enlace a páxina web de Odaiko.

http://odaiko.es/