A nosa benvida ao CEIP Martagona
A nosa benvida ao CEIP Martagona
Queremos comezar esta publicación dando as grazas a todas as familias que participastes nesta iniciativa, que fostes a práctica maioría.
O obxectivo era conmemorar o Día Internacional do Libro realizando unha montaxe na que os nenos desta comunidade educativa aparecesen lendo en lugares diversos, e acadouse sobradamente.
Ademais, tamén nos pareceu unha boa iniciativa para que, nestes días de confinamento, os nenos se viran e continuaran sentíndose parte do grupo ao que pertencen.
Agradecer, dun xeito especial, o gran traballo que levou a cabo a mestra de Educación Infantil Yolanda, encargada da edición do vídeo. O resultado foi inmellorable.
É longo, sí, pero consideramos que cada neno merece o seu tempo e, ademais, hai fotografías moi divertidas.
Tentamos que non se nos pasara nungunha, pero somos humanos, e podemos cometer erros. Se isto ocorre, non dubidedes en facérnolo saber para solventalo.
Sen mais, esperamos que disfrutedes da súa visualización e xa sabedes, se queredes aventura.... lanzádevos á lectura.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |