A nosa benvida ao CEIP Martagona
A nosa benvida ao CEIP Martagona
Prezadas familias.
Como sabedes, as autoridades educativas decidiron o peche dos centros docentes dende o luns, 16 de marzo, e durante 14 días, debido á presenza do virus COVID-19.
Aconsellamos que sigades as indicacións das autoridades sanitarias e informámosvos dos números onde podedes chamar en caso de emerxencia: 061 e 900400116.
PUBLÍCANSE, COMO ARQUIVOS ADXUNTOS, OS MATERIAIS QUE PREPARAMOS. PREGAMOS QUE SIGADES AS SEGUINTES RECOMENDACIÓNS AO RESPECTO:
-Colgamos un caderniño de actividades de lecto-escritura e outro de actividades lóxico-matemáticas. PODEN FACER UNHA OU DÚAS FICHAS CADA DÍA.
- Tamén vos achegamos unha ligazón que vos dará acceso a unha interesante colección de audiocontos. PREMEDE AQUÍ.
Os nenos poden escoitar un conto cada día. Por suposto, non deixedes de lerlles vós outros contos, e animádeos a ler na medida das súas posibilidades.
- Trátase de actividades de REPASO, que NON SERÁN OBXECTO DE AVALIACIÓN.
- Apoiade aos vosos fillos e fillas na resolución das tarefas.
- Se as nenas e nenos experimentan dificultades ou dúbidas, NON PASA NADA, xa se resolverán cando a situación se normalice.
- Complementade este traballo CON LECTURAS, XOGOS, PUZZLES, CONSTRUCCIÓNS E TODO AQUILO QUE ESPERTE O INTERESE DAS NENAS E NENOS...
- Fomentade nos vosos fillos a colaboración nas tarefas do fogar...
Achegamos as tarefas a través da páxina web para evitar o contacto directo entre as persoas. Debedes, polo tanto, descargar o arquivo e imprimilo.
Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración, podedes contactar coa Dirección do centro e co profesorado a través do teléfono (881866149), ou a través do correo electrónico (ceip.martagona@edu.xunta.es)
TANTO A ATENCIÓN TELEFÓNICA COMO PRESENCIAL ESTARÁN CONDICIONADAS AO QUE DECRETEN AS AUTORIDADES NAS PRÓXIMAS DATAS.
Grazas pola colaboración.
Desexamos que esta situación se revirta á maior brevidade posible.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
caderno lóxico-matemática.pdf | 2.45 MB |
caderno lectoescritura.pdf | 1.58 MB |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |