A nosa benvida ao CEIP Martagona
A nosa benvida ao CEIP Martagona
Reserva de praza para o IES de Melide
O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Martagona que durante o curso 2023-2024 desexe cursar 1º da ESO no IES de Melide, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro entregando a solicitude na secretaría DO NOSO CENTRO ou presentala na sede electrónica.
PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2021-2022 PARA OS TRES NIVEIS DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
O RESTO DOS NIVEIS DE EDUCACIÓN PRIMARIA UTILIZARÁ OS LIBROS DO FONDO DO CENTRO.
PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2021-2022 PARA OS TRES NIVEIS DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
O RESTO DOS NIVEIS UTILIZARÁN OS LIBROS DE FONDO EXISTENTES NO CENTRO.
Achégase o Plan de Continxencia do Ceip Martagona, no que se recollen, entre outros aspectos, as accións que se levarán a cabo no caso de confinamento total ou parcial, os horarios que se seguirán...
Co obxectivo de evitar confusións e aglomeracións propias do primeiro día, a Consellería de Educación decidiu secuenciar o inicio do curso en dous días.
Alumnado, familias e profesorado debemos adquirir novos hábitos que implican cambios importantes no día a día do centro, o que sumado aos cambios de ciclo, mestre/a e aula, nos aconsellan organizar dun xeito especial estes dous primeiros días lectivos.
Para realizar unha correcta explicación sobre estes cambios e o desenvolvemento do noso Plan de Actuación fronte á COVID-19, así como para a recollida de diversos impresos, consideramos necesario manter unha pequena reunión coas familias, que terá lugar no exterior do centro e se celebrará baixo as seguintes normas de seguridade:
Polo tanto, acudiredes ao centro cos vosos fillos o día e á hora prevista na táboa que segue. Eles irán para as aulas, acompañados polo seu titor/a, mentres vós vos reuniredes co equipo COVID.
NIVEL |
HORA |
10/09/2020 |
|
4º infantil |
12:50 |
5º infantil |
12:00 |
1º primaria |
10:25 |
2º primaria |
09:35 |
3º primaria |
08:45 |
11/09/2020 |
|
6º de infantil |
12:00 |
4º primaria |
10:25 |
5º primaria |
09:35 |
6º primaria |
09:00 |
O alumnado que se incorpore ao centro o día 10 (4º e 5º infantil, 1º, 2º e 3º de primaria) permanecerá no centro ata a hora habitual de saída. O día 11 acudirá no horario habitual.
Ola a todas e a todos!
Achegamos o noso PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 (PREMER AQUÍ PARA ACCEDER AO MESMO). Tamén achegamos unha serie de anexos que complementan o documento.
Queremos transmitirvos a maior tranquilidade posible, e asegurarvos que a "nova realidade" do noso centro cumpre rigorosamente coas disposicións establecidas recentemente nos protocolos sanitarios e educativos.
Moito ánimo, sorte e, sobre todo, saúde.
Achégase a listaxe de libros de texto para cada un dos cursos da Educación Infantil e da Educación Primaria.
PREMEDE NOS ARQUIVOS ADXUNTOS
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |