A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

Complementarias

ANDAINA SOLIDARIA

O 22 de xuño, último día de clase, realizamos unha andaina solidaria pola contorna co obxectivo de recadar fondos a favor do pobo ucraíno.

O equipo docente do CEIP Martagona quere dar as GRAZAS á totalidade de familias, pois entre todos recadamos 446.08 euros, que serán transferidos á conta da Asociación Galega de Axuda a Ucraína.

                                                 

ATRÉVETE 2022

No día de onte, o alumnado de 5º e 6º visitou as instalacións do CIFP Politécnico de Lugo, co obxectivo de coñecer un pouco máis de cerca o lugar que ocupa a Formación Profesional no Sistema Educativo, visitar algúns obradoiros e participar nalgunha actividade organizada por docentes e estudantes do Centro.

 

OBRADOIRO DE REPOSTERÍA TRADICIONAL

Co gallo do 30 Aniversario da Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide, que se celebrará o próximo 7 e 8 de maio, o Concello invitounos a un doce obradoiro. As nenas e nenos de 6º de Primaria desprazáronse ata a panadería Tahona e colaboraron na elaboración dos famosos melindres, ricos e amendoados. As familias recibiron ligazón para poder visualizar as fotografías que se fixeron.

SAÍDA Á BIBLIOTECA

 

 

Ao longo da pasada semana, todo o alumnado visitou a Biblioteca Municipal de Melide para participar en diferentes actos organizados con gallo do Día do Libro (23 de abril).

As familias recibirán ligazón a un Drive para poder visualizar as imaxes.

Grazas á Biblioteca pola invitación!!!

30 de Xaneiro

Día da PAZ

 

Para a celebración desta conmemoración no noso Centro, realizáronse diferentes actividades: unidades didácticas nos diferentes niveis; papiroflexia, coa confección de pombas da Paz; murais; exposición de libros sobre a temática, na biblioteca; e un contacontos.

Aquí tedes algunhas fotos.

 

Decoración dos corredores

 

 

 

 

 

Contacontos Pedro Brandariz

 

Ed. Infantil

 

 

1º e 2º

 

 

3º e 4º

 

 

5º e 6º

NADAL NO CEIP MARTAGONA

Chegou o Nadal, e para celebralo decoramos o noso Centro como se merece. As familias recibirán unha ligazón para poder acceder a un vídeo resumo das actividades realizadas.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

As nenas e nenos do colexio participaron nun concurso de postais de Nadal. Todos eles recibirán un pequeno agasallo polo seu esforzo. O xurado, despois dunha dura deliberación, seleccionou aos seguintes gañadores:

 


 

 

 

NORABOA A TODAS E TODOS!

FAI CLIC AO TEU BOCATA

As nenas e nenos de Educación Primaria do noso Centro participaron no día de hoxe no obradoiro nomeado "Fai clic ao teu bocata", co obxectivo de fomentar hábitos alimentario saudables, e tamén dar a coñecer e fomentar o consumo dos produtos en conserva existentes en Galicia.

 

Podedes ver a continuación un pequeno vídeo.

 

 

 

SAMAÍN 2021

Como é habitual, celebramos no centro o Samaín. Nenas e nenos decoraron as distintas estancias do centro, e en especial o porche, con arrepiantes cabazas; decoráronas na casa, utilizando técnicas variadas, produtos do outono...

Ademais, as mestras de Educación Infantil prepararon un conto e unha actividade moi chula!

Esperamos que disfrutedes do seguinte vídeo!

 

Powered by Drupal - Design by artinet