A nosa benvida ao CEIP Martagona
A nosa benvida ao CEIP Martagona
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024
Proceso regulado na Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (código de procedemento ED550B).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO: Do 1 ao 20 de marzo (ambos os dous incluidos)
Pode realizarse de dúas maneiras:
1. Na Secretaría do Centro, entregando a seguinte documentación:
- Anexo II, de admisión do alumnado
- Fotocopia do libro de familia ou equivalente (no que figure o/a alumno/a e demais membros da unidade familiar)
- Fotocopia do DNI do alumno/a (se o tivera) e do pai/nai/titores legais
- Certificado de empadroamento
- Resolución de sentenza de separación ou divorcio (se fose o caso) coa sinatura de ambos proxenitores
Descargar Anexo II en castellano
2. On line, a través da aplicación informática "admisión alumnado", ao que podes acceder pinchando no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Segundo a Resolución do 5 de outubro de 2022, publicada no DOG o 14 de outubro, amplíase a axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que o alumnado que foi beneficiario do vale de 50 euros recibirá un vale adicional de 25 euros.
As familias poderán recoller os vales dos seus fillos e fillas no Centro, no seguinte horario:
O horario do Equipo Directivo é o que aparece recollido no seguinte cadro. Prégase acudir ao centro para realizar calquera xestión nas horas indicadas.
Estimadas familias,
O equipo docente do CEIP Martagona quere darvos a benvida a este novo curso académico desexando un bo transcurso do mesmo.
Un cordial saúdo.
Achégase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso académico. Premede na imaxe para descargalo.
Na ORDE do 29 de abril de 2022 ( DOG nº 95 do mércores 18 de maio) regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.
BENEFICIARIAS
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria, ESO e EE.
PRESENTACION DAS SOLICITUDES
Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG ( 19 de maio) e rematará o martes, día 22 de xuño de 2022.
Pódese facer:
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2022-2023
1. Para iniciar o proceso de reserva de praza do alumnado de 6º curso para o IES de Melide (centro adscrito) deberán ter en conta o seguinte:
SOLICITUDES → RESERVA DE PRAZAS → CREAR SOLICITUDE RESERVA
2. O alumnado que NON queira cursar a ESO no IES de Melide deberá comunicalo no Centro.
Lexislación aplicable:
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado (DOG, 26/12/2012)
- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG, 15/03/2013)
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG, 01/02/2017)
- Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG, 22/12/2020)
AXUDAS PARA MERCAR MASCARILLAS
Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) Diario Oficial de Galicia nº 218, do venres 12 de novembro de2021.
ALUMNADO DESTINATARIO
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
1.
O alumnado que recibiu axuda de material escolar no curso 2021-22 nonten que presentar a solicitude
2.
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-22 e que cumpra algunha das seguintes condicións ten que presentar a solicitude:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Será de 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir,do 15 ao 26 de novembro de 2021.
Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro, con cita previa.
Prezadas familias. Como ben sabedes, o próximo xoves, 9 de setembro, iniciamos o curso escolar. Xa vos comunicamos a organización dese primeiro día de clase.
Esperámosvos!!!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |