Eventos
Coa chegada do bo tempo, recibimos unha nova sorpresa!
Un bo día ao chegar a clase atopamos a "MINI GORDA", unha gran tartaruga que nos vai acompañar durante os últimos días de curso. Neste tempo temos que ir descubrindo as súas características, os coidados que precisa... ademais compararémola cos outros animais que nos visitaron ó longo deste curso( Estrellita, Pepe e Manolo).
Seguiremos informando.....
Un bo día, os nenos de 4 anos, descubrindo palabras coa letra V surxiu o interese sobre os Volcáns. Como somos moi curiosos e había algúns cativos que non sabían o que era, comezamos a investigar...a investigación rematou cun superexperimento. Deixamos imaxes e vídeos para que poidades desfrutar tanto coma nós:
Un bo día desta última semana, recibimos unha gran sorpresa, que durante acomesa mañás acompañou a Mini Gorda, era GORDA. Como o seu nome o indica, tiña un tamaño considerable, que a todos nos sorprendeu. Case non tiña sitio na súa piscina e quitamos ás dúas compañeiras ó patio, a tomar un pouco o sol e a explorar.
E ollo, ollo amigos...ese dito de que as tartarugas son lentas, non é certo. Andivemos detrás delas un bo anaco.
Deixámosvos unha mostra en fotos.