Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Maio 20, 2021
Start: 20/05/2021 15:48

Pois chegou o momento de despedirse de Pepe e de Manolo! Nos últimos días seguimos facendo as tarefas que requerían (darlles de comer -tamén pan que sobraba do comedor-, limpar a xaula, pesalos...), pero a casiña que lles tiñamos xa se lles quedaba pequena e ata os vimos voar pola aula nalgunha ocasión!

 

 Ao final estaban moi grandes! Pepe pesaba 830 gr. e Manolo, 710 gr. 

Decidimos buscarlles un fogar axeitado para eles, onde puideran seguir crecendo... e iso foi posible grazas ao profe Marcos, que os levou ata Laias, onde xa están coa súa nova familia.

A verdade é que os botamos algo en falta, e dende que non están preguntamos moito por eles, por como estarán... e ese ratiño de tempo no que nos xuntabamos todos para velos tamén era especial e moi divertido.

Foi un pracer coñecer de cerca aos nosos amigos os polos Pepe e Manolo, aprendimos moito! Estamos desexando continuar coñecendo outros animais... que será o seguinte? Contarémovolo nuns días! 

Start: 20/05/2021 22:51

En homenaxe a Xela Arias, organizamos no cole un concurso de marcapáxinas no que participaron todos os alumnos/as do cole. Profesorado e alumnado votou entre todos os marcapáxinas que estaban expostos na entrada do centro, e os tres gañadores foron impresos profesionalmente e repartidos a todos os membros da nosa comunidade educativa.

Todos os deseños eran chulísimos, pero os máis votados foron os de Mireia (na categoría de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria), Ana (na categoría de 3º e 4º de E. Primaria), e Miruna (na categoría de 5º e 6º de E. Primaria). Parabéns ás tres!

     

Martes Maio 25, 2021
Start: 25/05/2021 15:16

Hoxe 25 de maio chegou o gran día! Por fin fixemos a nosa primeira excursión do ano! Coñecemos a nosa cidade. Gracias ao amigo "Martiño" fumos descubrindo cada un dos rincóns máxicos da nosa cidade: as Burgas, a piscina termal, a Praza Maior, a Praza do Trigo, as tres portas da Catedral... e por suposto a gran historia do patrón Martiño. 

Desfrutamos moito, encantounos a pequena viaxe en autobus.Ademáis, Martiño agasallounos cun pequeno libro con ilustracións da nosa cidade. Estamos desexando repetir! 

 

Mércores Xuño 09, 2021
Start: 09/06/2021 13:12

Coa chegada do bo tempo, recibimos unha nova sorpresa!

Un bo día ao chegar a clase atopamos a "MINI GORDA", unha gran tartaruga que nos vai acompañar  durante os últimos días de curso. Neste tempo temos que ir descubrindo as súas características, os coidados que precisa... ademais compararémola cos outros animais que nos visitaron ó longo deste curso( Estrellita, Pepe e Manolo).

Seguiremos informando.....

 

 

 

 

 

Venres Xuño 11, 2021
Start: 11/06/2021 10:42

Un bo día, os nenos de 4 anos, descubrindo palabras coa letra V surxiu o interese sobre os Volcáns. Como somos moi curiosos e había algúns cativos que non sabían o que era, comezamos a investigar...a investigación rematou cun superexperimento. Deixamos imaxes e vídeos para que poidades desfrutar tanto coma nós:

 

https://youtu.be/ZEfW7NG-t0M

 

https://youtu.be/FzwC85eC7zo

 

https://youtu.be/4RLG9cLn_DQ

 

https://youtu.be/OYPsmM7fKfI

Mércores Xuño 16, 2021
Start: 16/06/2021 13:14

Un bo día desta última semana, recibimos unha gran sorpresa, que durante  acomesa mañás acompañou a Mini Gorda, era GORDA. Como o seu nome o indica, tiña un tamaño considerable, que a todos nos sorprendeu. Case non tiña sitio na súa piscina e quitamos ás dúas compañeiras ó patio, a tomar un pouco o sol e a explorar.

E ollo, ollo amigos...ese dito de que as tartarugas son lentas, non é certo. Andivemos detrás delas un bo anaco. 

Deixámosvos unha mostra en fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut