Eventos
Pois chegou o momento de despedirse de Pepe e de Manolo! Nos últimos días seguimos facendo as tarefas que requerían (darlles de comer -tamén pan que sobraba do comedor-, limpar a xaula, pesalos...), pero a casiña que lles tiñamos xa se lles quedaba pequena e ata os vimos voar pola aula nalgunha ocasión!
Ao final estaban moi grandes! Pepe pesaba 830 gr. e Manolo, 710 gr.
Decidimos buscarlles un fogar axeitado para eles, onde puideran seguir crecendo... e iso foi posible grazas ao profe Marcos, que os levou ata Laias, onde xa están coa súa nova familia.
A verdade é que os botamos algo en falta, e dende que non están preguntamos moito por eles, por como estarán... e ese ratiño de tempo no que nos xuntabamos todos para velos tamén era especial e moi divertido.
Foi un pracer coñecer de cerca aos nosos amigos os polos Pepe e Manolo, aprendimos moito! Estamos desexando continuar coñecendo outros animais... que será o seguinte? Contarémovolo nuns días!
En homenaxe a Xela Arias, organizamos no cole un concurso de marcapáxinas no que participaron todos os alumnos/as do cole. Profesorado e alumnado votou entre todos os marcapáxinas que estaban expostos na entrada do centro, e os tres gañadores foron impresos profesionalmente e repartidos a todos os membros da nosa comunidade educativa.
Todos os deseños eran chulísimos, pero os máis votados foron os de Mireia (na categoría de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria), Ana (na categoría de 3º e 4º de E. Primaria), e Miruna (na categoría de 5º e 6º de E. Primaria). Parabéns ás tres!
Hoxe 25 de maio chegou o gran día! Por fin fixemos a nosa primeira excursión do ano! Coñecemos a nosa cidade. Gracias ao amigo "Martiño" fumos descubrindo cada un dos rincóns máxicos da nosa cidade: as Burgas, a piscina termal, a Praza Maior, a Praza do Trigo, as tres portas da Catedral... e por suposto a gran historia do patrón Martiño.
Desfrutamos moito, encantounos a pequena viaxe en autobus.Ademáis, Martiño agasallounos cun pequeno libro con ilustracións da nosa cidade. Estamos desexando repetir!
Coa chegada do bo tempo, recibimos unha nova sorpresa!
Un bo día ao chegar a clase atopamos a "MINI GORDA", unha gran tartaruga que nos vai acompañar durante os últimos días de curso. Neste tempo temos que ir descubrindo as súas características, os coidados que precisa... ademais compararémola cos outros animais que nos visitaron ó longo deste curso( Estrellita, Pepe e Manolo).
Seguiremos informando.....
Un bo día, os nenos de 4 anos, descubrindo palabras coa letra V surxiu o interese sobre os Volcáns. Como somos moi curiosos e había algúns cativos que non sabían o que era, comezamos a investigar...a investigación rematou cun superexperimento. Deixamos imaxes e vídeos para que poidades desfrutar tanto coma nós: