Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
3
| 4
| 5
| 6
| 7
Start: 07/05/2021 10:37
Ola de novo: Aquí seguimos de granxeiros, estamos dándolle os mellores coidados aos nosos polos Pepe e Manolo. Todos os días limpamos e acondicionamos a súa casa, antes vivían nunha máis pequena e como creceron tanto mudámolos para unha moito máis ampla. Tamén temos que alimentalos, ao principio era unha mezcla de cereais e na última semana introducímoslle o pan, que por certo lle encanta. Imos mostrar o bonitos que están.
Outro dos traballiños que temos cada día é a hora de pesalos, que nos serve para comprobar que a alimentación é a adecuada, así como imos interiorizando conceptos matemáticos moi importante para a nosa vida.
Deixámosvos unha foto da evolución do peso dos polos, a día 6 de maio Pepe pesa 570gr. e Manolo 495gr. Estamos convencidos que o noso traballo está dando moi bos resultados.
Ata a próxima, seguiremos informando. | 8
| 9
|