Eventos
Este curso, todas as aulas de Educación Infantil estamos traballando nun proxecto común sobre os animais. E estamos aprendendo moooitas cousas!
Comezamos alá polo Entroido facendo os nosos disfraces de vacas, cos que participamos no "desfile" do cole xunto aos compañeiros/as de Educación Primaria. Pasámolo xenial!
Despois estivemos coñecendo aos paxaros. Construímos unhas casiñas e uns comedeiros naturais para eles e colgámolos nas árbores do cole, e agora, dende as ventás das nosas clases podemos velos todos os días.
Ah! E tamén coñecimos a Estrellita, un jerbo... pero iso contámolo outro día ;)
Un bo día apareceu na aula alguén moi especial. Chamábase Estrellita!! Ao principio non sabíamos qué era, se un rato, un hámster... Ata que descubrimos que era un jerbo! Unha especie de roedor orixinario de Asia.
A nosa convidada estivo no cole tres semanas, nelas cada día o encargad@ tiña que darlle auga fresca, pienso e heno. Ademáis dábamoslle un xoguete, si un xoguete! Qué podría ser? Un rolo de cartón! Os jerbos encántanlles desfacer cartón; é o seu xogo favorito, a parte de serlle moi beneficioso para a súa saúde dental.
Aquí podedes ver unhas fotos da estancia de Estrellita no cole:
O pasado venres, 23 de abril, festexamos o Día do Libro no noso cole... e aquí podedes ver o ben que o pasamos!
Este ano, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do cole, fixemos un contacontos de maiores a pequenos para conmemorar o Día do Libro. As lecturas estaban previstas ao aire libre, pero por mor do tempo tivemos que buscar espazos cubertos no cole: patios cubertos, pavillón...
Os nosos "contadores/as" de contos fixérono xenial e os pequenos disfrutaron un montón escoitando as historias.
Deixámosvos aquí os contos para que tamén os disfrutedes vós!
3º de EDUCACIÓN PRIMARIA: Orellas de bolboreta
4º de EDUCACIÓN PRIMARIA: O embigo de Xanecas
5º de EDUCACIÓN PRIMARIA: Pétala
6º de EDUCACIÓN PRIMARIA: Un segredo do bosque
Ola de novo:
Os alumn@s de Educación Infantil levamos durante 21 días coidando (incubando) 8 ovos, cada día os nenos e nenas eran encargados de darlle a volta e comprobar que a temperatura fora a idónea.
Despois de 21 días de espera...por fin o resultado. Unha boa mañá ó chegar a escola atopamos que naceran dous fermosos e adorables poliños. Tiñades que ver as caras de emoción de todos nós.
Xa os coñecedes... a que son chulísimos? Logo de obervalos, miralos e volvelos a mirar... ocurriusenos que tiñamos que poñerlle nome e como eran case iguais tamén decidimos colocarlle a un deles unha pulseira na pata para poder diferencialos.
Despos dunha longa votación....os nomes elexidos para os nosos polos foron:
PEPE E MANOLO.
Seguiremos informando das súas aventuras.
Ola de novo:
Aquí seguimos de granxeiros, estamos dándolle os mellores coidados aos nosos polos Pepe e Manolo. Todos os días limpamos e acondicionamos a súa casa, antes vivían nunha máis pequena e como creceron tanto mudámolos para unha moito máis ampla.
Tamén temos que alimentalos, ao principio era unha mezcla de cereais e na última semana introducímoslle o pan, que por certo lle encanta.
Imos mostrar o bonitos que están.
Outro dos traballiños que temos cada día é a hora de pesalos, que nos serve para comprobar que a alimentación é a adecuada, así como imos interiorizando conceptos matemáticos moi importante para a nosa vida.
Deixámosvos unha foto da evolución do peso dos polos, a día 6 de maio Pepe pesa 570gr. e Manolo 495gr.
Estamos convencidos que o noso traballo está dando moi bos resultados.
Ata a próxima, seguiremos informando.