Skip to Content

2º Curso

ODS nº 2: Fame cero

No noso centro educativo, estamos a prepararnos para celebrar o Día Mundial da Alimentación, que se conmemora o próximo 16 de outubro. Para iso, ao longo de toda a semana, organizamos unha serie de actividades para concienciar ao alumnado sobre a importancia de loitar contra a fame e a malnutrición no mundo.

Introducindo o concepto de Fame Cero:

Comezamos a semana introducindo ao noso alumnado o concepto de Fame Cero, un obxectivo global establecido polas Nacións Unidas para erradicar a fame crónica no mundo. Para iso, utilizamos diversos materiais audiovisuais dispoñibles na nosa aula virtual, os cales permitiron aos estudantes comprender a magnitude do problema e as diferentes estratexias que se están a levar a cabo para combatelo.

Sierra Leona: Un caso de estudo:

Tras esta introdución xeral, decidimos afondar nun caso específico: Serra Leona, un país africano que se atopa entre os máis afectados pola fame e a pobreza. Os nenos e nenas de 2º de EP investigaron na web para obter información sobre a situación alimentaria en Serra Leona, analizando as causas da fame, as consecuencias que ten para a poboación e as iniciativas que se están a desenvolver para combatela.

Creando un vídeo informativo:

Con toda a información recollida, dividíronse en grupos e elaboraron un vídeo informativo sobre Sierra Leona. Neste vídeo, os nenos e nenas presentaron os datos máis relevantes sobre a fame neste país, expuxeron as causas e consecuencias da mesma, e compartiron ideas sobre posibles solucións.

Reflexionando sobre a importancia da acción colectiva:

A través destas actividades, o noso alumnado non só adquiriron coñecementos sobre a fame no mundo, senón que tamén desenvolveron unha maior sensibilidade cara a este problema. Ademais, aprenderon a importancia de traballar xuntos para lograr un mundo máis xusto e sostible, onde todos teñan acceso a unha alimentación adecuada.

O Día Mundial da Alimentación é unha oportunidade para recordar que a fame é un problema global que require solucións globais. No noso centro educativo, estamos comprometidos coa loita contra a fame e a malnutrición, e seguiremos traballando para concienciar ao noso alumnado sobre a importancia deste obxectivo.

¡Xuntos podemos construír un mundo onde ninguén pase fame!

Día do Punto 2023

A semana do 15 de setembro o o alumnado de 2º de EP celebrou con moita ilusión o "Día do Punto". Esta apaixonante actividade tivo lugar no marco da Semana da Creatividade, que busca fomentar a imaxinación e a expresión artística entre o noso alumnado.

A actividade principal do día foi a elaboración dun obradoiro de debuxo e pintura onde demostraron as súas habilidades artísticas creando fermosas obras de arte baseadas no tema dos puntos. Desde lunares vibrantes en cores brillantes ata debuxos de puntos intricados, os estudantes demostraron unha incrible imaxinación e habilidade artística.

É marabilloso ver como os nenos poden coller un punto sinxelo e convertelo en algo tan fermoso e único.

Para rematar a celebración, realizamos unha montaxe fotográfica empregando a técnica do chroma para recoñecer o esforzo e a creatividade do alumnado. Como premio ao seu traballo recibiron unha imaxe co seu deseño que enmarcaron e levaron para as súas casas.

Na nosa escola, a creatividade florece en todas partes, mesmo nos puntos!

Abrir presentación a tamaño completo

O meu primeiro principiño

No último trimestre de curso acercamos ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria ao que significa pertencer a un club de lectura.

Para elo, escollemos unha versión do Principiño adaptada para primeiros lectores. O libro titúlase “La historia del Principito” e está publicado pola editorial SM e nel aparecen ilustracións do libro orixinal.

Para acercar aos membros do club ao principiño, primeiro fixemos unha ambientación da obra e posteriormente explicamos a vida e obra do seu autor a través da seguinte presentación.

Durante os meses de abril e maio fomos realizando a lectura colectiva dos diferentes capítulos. Ao rematar cada capítulo recapitulabamos sobre o lido e iamos cubrindo a guía de lectura que elaboramos desde o equipo de biblioteca para facilitar a súa comprensión.

Unha vez rematada a lectura colectiva levaron o libro para as súas casas e compartir así a lectura final coas súas familias.

No mes de xuño realizamos un concurso de animación á lectura no que participou todo o alumnado de 1ºe 2º de educación primaria. Na galería de imaxes podedes observar o seu desenvolvemento. Fixemos 4 equipos de 5 compoñentes e o resultado final foi moi igualado xa que o coñecemento da trama do libro era moi completa.

Todas as personas participantes no club de lectura recibiron un pequeno agasallo cmo recoñecemento ao traballo realizado ao longo de todo o trimestre. Os equipos gañadores recibiron, a maiores, un diploma que pon e valor o seu coñecemento sobre o Principiño.

Por último, para rematar as sesións de lectura deste curso realizamos un kahoot! con preguntas sobre este libro onde a maioría do alumnado participou de forma individual.

Na última semana de curso realizamos un obradoiro STEM onde o alumnado se aproximou a creación de circuítos simples de electricidade. Algúns dos participantes optaron por realizar un circuíto de electricidade a partir dunha escena do libro.


RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO


Recomendación lectoras verán 2023

Vídeo resumo do curso 2022/2023

Kahoot sobre Mi primer Principito

Mi primer Principito...

 


RECURSOS EDUCATIVOS


Ravioli. Nós tamén creamos

Aquí poderedes ver o reultado final do noso traballo ao longo deste curso para participar no programa Nós tamén creamos! dentro do plan Proxecta.

Kilómetros de solidariedade

Gran éxito na carreira de quilómetros solidarios que organizou o colexio en colaboración con Save the Children!

Nun fermoso día de sol, centos de estudantes, profesores, pais e membros da comunidade xuntáronse nunha nobre causa: correr quilómetros pola solidariedade. O evento, organizado polo colexio en colaboración con Save the Children, tivo como obxectivo recadar fondos para apoiar aos nenos máis vulnerables e promover a importancia da educación no seu desenvolvemento.

Dende primeira hora da mañá o ambiente no colexio foi de ilusión e ilusión. Os participantes reuníronse no punto de saída, vestidos con camisetas personalizadas do evento e portando os dorsais de apoio e solidariedade. Moitas familias do colexio tamén se sumaron á causa, ofrecendo o seu apoio aos corredores e corredoras animándoos en todo momento.

A carreira comezou cunha explosión de enerxía e determinación. Corredores de todas as idades desafiáronse a si mesmos, superando obstáculos e superando os seus límites persoais. As instalacións deportivas da Universidade de Ourense enchéronse de risas, aplausos e o ruído do público.

A comunidade lanzouse xenerosamente na recadación de fondos. Moitos patrocinadores e doadores uníronse á causa, aportando diñeiro para beneficiar aos nenos e nenas máis necesitadas. A solidariedade e o compromiso de todas as persoas implicadas foi inspirador, demostrando que xuntos podemos marcar unha diferenza significativa na vida das persoas que máis o necesitan.

Cando cruzaban a meta, os corredores e corredoras abrazábanse con alegría e satisfacción. Cada un deles sabía que contribuía a cambiar vidas e a dar esperanza a quen o necesitaba. Desde o cole queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas participantes e colaboradoras polo seu esforzo e dedicación, destacando que esta carreira quilométrica solidaria é só o comezo dunha serie de accións solidarias no colexio.

Os fondos recadados irán destinados aos proxectos educativos Save the Children, que buscan ofrecer oportunidades de aprendizaxe, material escolar e apoio psicosocial aos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade. Esta colaboración entre a escola e Save the Children é unha mostra do poder transformador da educación e da solidariedade, e demostra que xuntos podemos construír un futuro mellor para todos os nenos.

En definitiva, a carreira quilométrica solidaria organizada polo colexio en colaboración con Save the Children foi un éxito rotundo.

Igualdade entre xéneros e empoderamiento de todas as mulleres e nenas

O Curso 2022/2023 o P.D.I. do CEIP Manuel Sueiro centraráse nos obxectivos do desenvolvemento sostible 2030. O grupo de 2º de Educación Primaria , decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) no 5º obxectivo na procura dun mundo máis xusto e igual para tod@s.: “ Igualdade entre xéneros e empoderamiento de todas as mulleres e nenas”

O porqué deste traballo integrado :

  • Aumenta a motivación.
  • Máis creatividade e a aprendizaxe.
  • Mellora a comunicación e reduce a tensión.
  • Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.

Traballamos os seguintes OBXECTIVOS:

  • Construír confianza co alumando e coas actividades propostas por eles.
  • Crear sentido de pertenza.
  • Involucrar ao alumnado na toma de decisións.
  • Buscar o entendemento entre partes.
  • Impulsar a comunicación.
  • Aproveitar a diversidade.
  • Celebrar os éxitos do grupo.
  • Favorecer o compromiso mutuo e a responsabilidade compartida.

Ademais dos obxectivos, os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integradoson os seguintes: 

Obxectivo xeral:

  • Ser capaz de desenvolver actitudes de respecto e comprensión ante as diferenzas entre as persoas e as diferentes culturas.
  • Promover no noso alumnado valores encamiñados a  igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.

Obxectivos específicos:

  • Interpretar o que sentimos en diferentes momentos da nosa vida.
  • Coñecer e practivar a empatía como instrumento para mellorara a convivencia os demais
  • Recoñecer as emocións e sentimentos positivos propios como ferramentas para mellorar a nosa autoestima e autoconcepto.
  • Fomentar no centro os valores, as actitudes e as prácticas que permitan o grado de aceptación e cumplimento das normas e avanzar no respeto a diversidade e no  fomento da  igualdade .
  • Traballar a través das distintas actividades do currículo a importancia da igualdad de sexos.
  • Potenciar no alumnado o concepto de coeducación e igualdade mediante a transmisión de valores sociales como a tolerancia, o respecto, a igualdade, a xusticia, e a cooperación.
  • Mellorar as relacións personais entre o alumnado diminuindo os conflictos e o sexismo nas situacions de xogo.
  • Utilizar os patios de forma compartida e no excluiente.

Contidos:

  • Diferentes emocións: tenrura , amor, odio, tensión felicidade, tristeza, medo asombro…..
  • As características que definen a persoa: .
  • O respecto aos outros. O rexeitamento dos casos de abuso, ciberacoso, marxinación e exclusió 

  • O respecto dos dereitos humanos e os dereitos da infancia:.

  • O respecto da diversidade cultural e das tradicións.

  • O respecto da orientación sexual e da identidade de xénero.  
  • A cultura da paz e da non violencia.

  • O diálogo e a argumentación na toma de decisións en común e a resolución pacífica de conflitos. 

  • O recoñecemento da diversidade de valores, fins e modelos de vida e o respecto aos proxectos persoais dos outros.

Metodoloxía: A metodoloxía será dinámica, participativa e lúdica, sen esquecer os nosos propósitos.
Traballarermos alternando a organización do traballo individual, por  parellas, en pequeno grupo ou en grupo clase. Contaremos cun recuncho para os materias dentro da aula e cun espazo no corredor para a exposición dos traballos realizados.

A metodoloxía dará resposta aos principios de actividad e motivación, conxugándose co o interés e a intuición.

As actividades realizadas ao longo do curso centráronse na lectura e realización de diversos murais e traballos en grupo dos seguintes contos:

1º Trimestre:

  • El lápiz mágico de Malala de Malala Yousaf
  • Las princesas también se tiran pedos de IIan Brenman

2º Trimestre:

  • Pepuka, de Estela Moreno Bermúdez
  • Arturo e Clementina de Adela Turín

3º Trimestre:

  • O libro dos porcos
  • Rosa Caramelo

Traballouse en todo momento  o empoderamento da muller, utilizando:

  • O xogo como medio para facerlles confiar nas suas capacidades, ser curiosos e experimentar.
  • Promovendo a formación das nenas recollendo información da prensa,  das redes sociais ...xa que hai un número de alumnado de etnia xitana.
  • Iniciouse ao alumnado no mundo tecnolóxico .
  • Traballamos a aceptación do propio corpo.
  • Por último realizamos un taller de Midfulness, para nenos.

Como conclusión, conseguimos ter un grupo unido, onde non existen diferencias e onde todos somos iguais  sin ter en conta a nosa procedencia , nin o sexo.

Festa final de Ravioli

Como toda boa presentación dunha gran produción cinematográfica non puido faltar un pequeno ágape para agasallar aos principais protagonistas do traballo.

Foi un final de traballo moi divertido e pasámolo xenial comentando as nosas impresións sobre o traballo realizado.

Agora estamos agardando con expectación a presentación do noso traballo ao resto do alumnado o día final de curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut